martes, 2 de noviembre de 2010

Historia do Samain

O SAMAIN


A noite do 31 de Outubro ao 1 de Novembro marcaba para os celtas o inicio do novo ano. Crían que era unha noite máxica na que as almas dos difuntos podían volver ao mundo dos vivos para visitar aos seus familiares ou para arranxar contas pendentes.



Para alonxar os malos espíritos expoñían nas entradas dos seus castros as caveiras dos inimigos derrotados nas batallas.



Os celtas eran orixinarios da Europa Central, pero como eran pobos de guerreiros, foron quen de ampliar o seu territorio hasta abarcar gran parte de Europa, incluida a nosa Terra e a maioría da Península Ibérica. Con eles levaron as súas crenzas, entre elas a celebración da noite de Samaín.



Na nosa terra a festa do 1 de novembro tamén foi variando e enriquecéndose con cada novo pobo que habitou aquí.



Según nos contan os nosos maiores, moito antes de oirmos falar por estas terras do Halloween, nalgunhas partes de Galicia, a xente xa adoitaba baleirar nabos primeiro e logo cabazas, para poñerlle candeas dentro e asustar á xente polos camiños .



Se este costume se mantivo desde a Idade de Bronce (época dos celtas) ou se se perdera e volveu máis tarde, a través dalgunha das moitas influencias que recibimos ao longo da historia (moitas delas tamén con antecedentes celtas), seguramente é algo do que probablemente nunca poderemos estar certos.



O que parece claro é que Halloween e Samaín son dúas festas cunha raíz común moi antiga, pero cunha historia moi diferente







No hay comentarios:

Publicar un comentario