martes, 7 de junio de 2011

PARTICIPAMOS NO PROXECTO DE VOZ NATURA

Por segundo ano o noso Centro participa no proxecto de Voz Natura e ainda que non acadamos ningún dos premios, sabemos que o noso traballo gustou moitísimo ao xurado e estamos satisfeitos das actividades realizadas que este curso centraronse fundamentalmente no traballo coa auga, cun proxecto moi denso sobre o Encoro de Cachamuiña, e no coidado do horto e do invernadoiro.
Fixemos murais, libros, teatro de títeres, presentacións en power point, ... co gallo de fomentar o consumo responsable e o coidado do medio ambiente, ademáis dunha fermosa maqueta a escala do encoro de Cachamuiña cunha carpa a nosa CARPA SERAFINA.

FOMOS DE EXCURSIÓN A MANZANEDA

O venres 27 de Maio todo o Colexio tivemos un día de convivencia e descubrimento no recinto de Manzaneda onde pasamos todo o día. Realizamos numerosas actividades como senderismo, casino, montar a cabalo e circuitos cos cars. Pasámolo en grande cos nosos compañeiros e profesores.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Durante a semana das letras Galegas tivemos diferentes actos co gallo de dar pulo a nosa lingua e ao autor Lois Pereiro, coñecemos a súa vida e obra, realizamos murais e lecturas colectivas por ciclos.











O día 20 celebramos o festival das Letras galegas co seguinte guión:
- Presentación e power point da vida e obras de Lois Pereiro

- Recitado de poemas polos nenos de 4 anos A






- Recitado da poesía: "Ondas do mar" a cargo de 4 anos B










- Obra de teatro representada polos nenos/as de 5 anos titulada "Pom, pom"









- Baile dos alumnos/as de 3º de Primaria: " O señor da serra"









- Rap dos alumnos de 2º de Primaria: " Me peta"








- Danza dos nenos/as de 5º de Primaria: " O lambonciño"









- Desfile de moda con deseños propios e autóctonos da terra a cargo de 6º de primaria









- Canción final de todo o colexio: " O peciño" e "a fala" do poema de Manuel María.

E como remate final tivemos un espectáculo especial con maxia, música e cancións. Pasámolo xenial e os nosos nenos/as fixerono xenial.

martes, 10 de mayo de 2011

VISITA A RADIO COPE E AO XORNAL LA REGIÓN

O luns, día 9 de Maio, os nenos/as de 6ºde primaria e 6º de Infantil fixeron unha visita as instalacións de Radio Cope onde visitamos todalas dependencias, falamos polos micrófonos e incluso grabamos cuñas, entradas, ... de publicidade da nosa Radio Escolar: Radio Bencho.
Agradecemos a Jorge ( o papá de Estela) a súa disponibilidade, amabilidade e adicación. Grazas por achegarnos ao sono de ser presentadores de radio.














A continuación visitamos o xornal La Region onde vimos as instalacións e os medios cos que contan para que cada día chegue o xornal a todolos fogares ourensanos. Quedamos impresionados coas bobinas de papel e coas máquinas de impresión.
Tamén queremos agradecer a Pedro Cañero as súas explicacións e adicación. Grazas por atendernos tan amablemente.










Foi unha experiencia moi interesante.

Torneo de xadrez

O domingo 8 de maio os nosos rapaces e rapazas participaron no Torneo Interescolar celebrado en Expoourense e resultou ser unha experiencia moi positiva para todos eles, e un achegamento ao xadrez de competición. Seguiremos participando noutros torneos e preparándonos día a día. Parabéns para todos.













miércoles, 4 de mayo de 2011

XA TEMOS O PATIO PINTADO

Varias profes do Cole traballan pintando, debuxando e aportando ideas para plasmar nos patios ( cuberto e de infantil) xogos coa finalidade de que o alumnado do C.E.I.P " Ben-cho-Shey" coñeza e disfrute con novos xeitos de xogar e pasalo xenial.
Grazas polo voso esforzo e adicación.
Tamén queremos agradecer a Cristela e Modesto, os monitores da Aula Pirata, a súa axuda e colaboración nalgúns dos xogos.



Participamos no torneo interescolar de Xadrez





O vindeiro domingo 8 de Maio en representación do noso Cole, 20 alumnos/as participarán no primeiro torneo de xadrez interescolar, en Expoourense. Xogarán en distintas categorias contra nenos e nenas doutros coles de Ourense. Moita sorte e sabede que todo o Cole vos apoia e vos da ánimo. Sodes os mellores.



Os participantes son:



* na categoria Benxamín "A": LUCÍA RODICIO GONZÁLEZ , ALDARA GIL FERNÁNDEZ, MIGUEL CASTRO LUIS, AINHOA QUINTAS CACHALDORA, CRISTINA GARRIDO MASID, MARTÍN CARBALLO CANOSA.



* na Categoría Benxamín "B":



BRAIS GONZÁLEZ NAVEIRA, PATRICIA RODRÍGUEZ GÓMEZ, CINTIA BLANCO GONZÁLEZ, ALFONSO JUANES BARANDELA, AITANA ALMARCHA BLANCO, MANUEL GÓMEZ RODRÍGUEZ



*na categoría Alevín "A":ADOLFO BLANCO GÓMEZ, BÁRBARARODRÍGUEZ CURROS, ALEJANDRO PAZ PAZ, CARLOS SAINZ CARIDE, ALEJANDRO LAMA SÁNCHEZ




*na categoría Alevín "B":FERNANDO GONZÁLEZ FONTANALS, ISMAEL GODOY QUINTELA, ISMAEL CANTÓN DÍAZ, RODRIGO JUANES BARANDELA

SEMANA DO LIBRO

Durante a semana do 11 ao 15 e do 26 ao 29 de Abril conmemoramos no colexio o día do Libro con diversas actividades incentivadas polo profesorado do Centro e pola Anpa. Este ano centramos as nosas lecturas e investigacións na auga e realizamos momentos comunitarios de lectura, invención de contos, elaboración de marcapáxinas... e en colaboración coa Anpa realizouse en primaria o primeiro concurso literario, así como unha "gyncana literaria" e en educación infantil sesións de contacontos por parte de pais/nais dos alumnos/as. Como colofón final houbo agasallos de libros para todos: nenos/as, profes, biblioteca, ...

Foi unha gran experiencia onde fomentamos que leer é unha gran aventura que nos leva a descubrir un novo mundo por descubrir.

lunes, 4 de abril de 2011

DÍA DA ARBORE

O DÍA 21 DE MARZO CELEBRAMOS O DÍA DA ARBORE: TRABALLAMOS A IMPORTANCIA DAS ARBORES NO ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES, A SÚA IMPORTANCIA E OS SEUS COIDADOS. PREPARAMOS UN PEQUENO VIVEIRO DE ESPECIES AUTÓCTONAS NO HORTO DE BENCHO QUE COIDAREMOS CON ESMERO PARA TRANSPLANTAR O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

DÍA DA AUGA:VISITA E LIMPEZA DO ENCORO DE CACHAMUIÑA, XOGOS E EXPERIENCIAS

Durante este trimestre estamonos centrados no coñecemento e estudio pormenorizado do Encoro de Cachamuiña, na súa flora e fauna e o día 22 de Marzo aproveitando que era o día da auga un grupo de alumnos/as e profes achegámonos ao Encoro para velo de preto e realizar una limpeza nas súas orillas. Disfrutamos moito e tamén aprendemos moitas cousas novas pero sobre todo a non tirar o lixo o chan porque daña o ecosistema.






















Vimos de preto un pescador que collía unha troita, piñeiros, carballos, bidueiros e salgueiros, xestas, carqueixas e toxos, lagartixas, rás, arañas, formigas, zapateiros, esquios, ...










Xa pola tarde cantamos cancións da auga: "el agua es vida, cuidala", vimos unha presentación en power point da importancia da auga, usos e consumo responsable, un teatro de títeres, que representaron as profes de educación infantil, e uns talleres e xogos coa auga. Aprendemos moito e pasámolo xenial.