lunes, 27 de diciembre de 2010
BO NADAL
martes, 23 de noviembre de 2010
O MAGO CALI
O programa Bocaberta 2010-2011, é unha iniciativa coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover a lingua galega entre os rapaces e rapazas de
Ó noso Centro, o día 17 de Novembro achegouse o Mago Cali cun espectáculo que abre a porta á imaxinación: as palabras convértense en fascinantes historias máxicas. Con sorpresa, humor e diversión, amósase como con calquera palabra se pode facer maxia.
O seu espectáculo está inspirado na obra Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz (Premio Nacional de Literatura Infantíl e Xuvenil, 2008).
jueves, 11 de noviembre de 2010
A FESTA DO MAGOSTO
O castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos antes da chegada dos romanos, comíanas asadas, ou facían fariña das castañas secas ou "pilongas", para alimentarse durante todo o ano.
Pedimos a aportación de adiviñas sobre froitos de Outono e elaboramos un libro coas achegas de todos/as que irá rotando polas aulas para traballalas cada titor/a.
miércoles, 3 de noviembre de 2010
A FESTA DO SAMAÍN
martes, 2 de noviembre de 2010
CONTOS GAÑADORES
" Erase unha vez nun pobo moi lonxano unha cabaza chamada Ruperta que era tan pequeniña, tan pequeniña que todos se rían dela por ser diferente aos demáis.
Unha noite paseando por uns camiños atopouse cunha bruxa malvada que a intentou comer, pero Ruperta armouse de valor, colleu unha pedra e tiroulla á bruxa facéndoa fuxir tan lonxe que nunca máis se lle volveu a ocurrir meterse cunha cabaza tan pequeniña e fraxil coma Ruperta. Dende entón Ruperta gañouse o respeto de todos os veciños do lugar e todos querían ser os seus amigos.
A ninguén lle importaba que Ruperta fora tan pequeniña, e dende entón Ruperta vive máis feliz rodeada dos seus amigos."( SANDRA PÉREZ RODRÍGUEZ)
“ Era unha vez unha cabaza tan, tan grande que xa non cabía no horto. O seu dono era un neno chamado Gabriel. Gabriel pensou en levala ao colexio pero antes ía decorala para o Samaín. Entón Gabriel foi ó horto en busca da cabaza para decorala e topouse coa súa nai que traía unha cara moi asustada. A cabaza marchara do horto. Gabriel non puido decorala nin levala á escola. Dende aquelas cando chega o Samaín din que vese polo monte preto do horto de Gabriel unha cabaza grande, grande que rí e chisca un ollo”. ( CELIA GONZÁLEZ GONZÁLEZ)
CONTO 2º CICLO DE PRIMARIA:
A NOITE DO SAMAÍN:
“ O esqueleto, a cabaciña, a bruxa e o morcego van de festa, é a noite do Samaín. ¡ Son uns valentes! Din non ter medo a nada. Van cantando pola rúa arriba, máis de pronto, uh, uh, uh …! ¡ Meu deus!, ¡ Que medo!, ¡ Votan a correr rúa abaixo!, ¡É unha fantasma!, ¡Relocenlle os ollos!, ¡ Acabouselle a valentía!, ¡ Como corren!
Mais non era unha fantasma. Era Rosiña disfrazada cunha sabana e dúas linternas. Menudas risas pasaron todos no pobo a contad eles. E todo esto ¿quen o argallou?, Quen ía ser: o Miguel e o
Xian de terceiro do Ben Cho Shei, os da clase da Ramona para meterlle un susto aos seus amigos que sempre andaban a presumir de ser uns valentes”.( MIGUEL RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ)
CONTO GAÑADOR 3º CICLO DE PRIMARIA:
SAM E AÍN
“ Unha vez, unha cabaza chamada Aín, perdeuse durante unha noite, na que había sombras e lobos. Ela quería voltar á casa, e emprendeu o camiño de volta. Andou dez quilométros e atopou un lobo chamado Sam. Deulle moito susto porque tiña pouco pelo e parecía un home lobo. Sam preguntoulle a Aín se podía seguir con ela a viaxe, que el tamén se perdera.
Camiñando atoparon outros dous lobos amigos: Hallo e Ween. Eran uns trampulleiros e tentaron escapar deles. Mentres corrían polo bosque, unha árbore amiga avisoulles de que Hallo e Ween ían porlle trampas.
A primeira foi que apareceu unha bruxa que tentou transformalos en rás. Sam con moita astucia colleu a basoira e escaparon voando os dous amigos, pero … de súpeto unha bandada de corvos, enviados por Hallo e Ween atacounos. Aín sacou o seu naris e logrou espantar aos corvos.
Os dous amigos: Sam e Aín uniron as súas forzas, e enfrontaronse a Hallo e Ween que foron derrotados.
Dende aquel día, no pobo son alcaldes Sam e Aín e celebrase a festa do Samaín en honra os seus nomes e Hallo e Ween desapareceron para sempre”. ( MARCOS CID PÉREZ)
Historia do Samain
A noite do 31 de Outubro ao 1 de Novembro marcaba para os celtas o inicio do novo ano. Crían que era unha noite máxica na que as almas dos difuntos podían volver ao mundo dos vivos para visitar aos seus familiares ou para arranxar contas pendentes.
Para alonxar os malos espíritos expoñían nas entradas dos seus castros as caveiras dos inimigos derrotados nas batallas.
Os celtas eran orixinarios da Europa Central, pero como eran pobos de guerreiros, foron quen de ampliar o seu territorio hasta abarcar gran parte de Europa, incluida a nosa Terra e a maioría da Península Ibérica. Con eles levaron as súas crenzas, entre elas a celebración da noite de Samaín.
Na nosa terra a festa do 1 de novembro tamén foi variando e enriquecéndose con cada novo pobo que habitou aquí.
Según nos contan os nosos maiores, moito antes de oirmos falar por estas terras do Halloween, nalgunhas partes de Galicia, a xente xa adoitaba baleirar nabos primeiro e logo cabazas, para poñerlle candeas dentro e asustar á xente polos camiños .
Se este costume se mantivo desde a Idade de Bronce (época dos celtas) ou se se perdera e volveu máis tarde, a través dalgunha das moitas influencias que recibimos ao longo da historia (moitas delas tamén con antecedentes celtas), seguramente é algo do que probablemente nunca poderemos estar certos.
O que parece claro é que Halloween e Samaín son dúas festas cunha raíz común moi antiga, pero cunha historia moi diferente
lunes, 25 de octubre de 2010
Xa quedaron atrás as vacacións de verán e metidos de cheo no Outono deixovos un relato elaborado por Santi Tarrío de 5º curso de primaria.
Agardo que vos guste.
O OUTONO:
" É realmente extraordinario poder ver cos nosos propios ollos como se caen aquelas follas que antes eran verdes e de cores e demostraban alegría e agora pasan desapercibidas. É o ciclo da vida, volverán a crecer outras follas pero nunca serán as mesmas.
Chegou o outono. E unha situación triste pero con gran beleza.
Comeza no hemisferio norte co equinoccio do outono, as temperaturaas baixan e o sol apenas quenta.
Chegado o outono facemos a vendima, recollemos as uvas, xuntamonos e recortamos os bagos maduros para facer un bo viño e disfrutar do día.
Recordame tamén a festa do magosto. É unha celebración na que as castañas son o centro de atención co viño novo. Celébrase o día de S. Martiño en Ourense. Todos nos xuntamos para asar as castañas, comelas, xogar, cantar, bailar e contar contos. Pintámonos a cara con cinza uns a outros.
O día de todos os Santos, o día dos defuntos.Todos temos a alguen que recordar.
No outono desfruto saindo ao campo cos meus pais a buscar cogomelos. Aquí chamámoslle cerrotas. Algúns anos fomos a Chantada e Monterroso, alí hai moitos.
Nestas datas tamén celebramos o Samaín. Esta festa ven dos Celtas, o culto aos mortos. En América chámase Halloween. As cabazas dan luz e farán que se vaian os espíritus." ( Santi)
lunes, 21 de junio de 2010
XA TEMOS MASCOTA NO E.N.D.L
BO VERÁN
Agradecervos a todo o alumnado a colaboración e implicación en todalas propostas que dende o E.N.D.L. vos fixen chegar, resultando unha experiencia moi gratificante e un traballo fructífero.
A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: BO VERÁN