jueves, 11 de noviembre de 2010

A FESTA DO MAGOSTO

A castaña é un dos alimentos mais antigos da Humanidade. Dende o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de castañas e landras.
O castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos antes da chegada dos romanos, comíanas asadas, ou facían fariña das castañas secas ou "pilongas", para alimentarse durante todo o ano.
Ate fai poucos anos, eran alimento base da poboación europea en forma de fruto fresco, seco, sen as súas peles, ou moída en fariña. No século XVI, viñeron as patacas e o millo de América, estableceuse a competencia e perderon pouco a pouco protagonismo na dieta campesiña, e moito mais ao ser atacado a nobre árbore por enfermidades como o "chancro" e a "tinta".
O número de castañeiros diminuíu en Galicia a pesares das repoboacións, diminuíndo tamén a producción cada ano.
Cada vez mais, a invasión de piñeiros e eucaliptos denigra os nosos montes e fainos presa dos incendios.
A castaña proporciona uns benefícios considerables tanto polo valor real das exportacións como polo número de quilos comercializados directamente ou por medio de productos derivados, especialmente das castañas confitadas. Atesoura un valor nutritivo e gran riqueza en minerais, pero tamén ten un valor social en torno ó magosto, que serve para perpetuar amizades e unir lazos veciñais.
A castaña é o froito máis ligado á nosa cultura, ten un amplo vocabulario que a identifica nas súas diferentes formas e fases de crecemento. Forma parte do noso refraneiro popular, deu orixe a moitos topónimos de Galicia e está presente en múltiples expresións que utilizamos a cotío.
No C.E.I.P. BEN-CHO-SHEY celebramos onte, mércores 10 de Novembro a festa entorno a castaña. Celebramos o VIII Concurso do Bencho-castañón ( agasallando os nenos que aportaron a castaña máis pesada de cada clase e a máis pesada do cole. Este ano a gañadora foi a castaña de Sara ( 5ºA de Infantil, que pesou 35'5 gramos). ¡ Era enorme!


Tamén propuxemos o 1º Concurso de manualidades con castañas ou froitos de outono. Os nosos alumnos/as e as súas familias son uns verdadeiros artistas. Con moito inxenio e creatividade aportaron o Centro un montón de traballos moi elaborados e moi bós. Foi moi difícil decantarse polos tres gañadores nunha votación conxunta de alumnos/as de terceiro ciclo, do profesorado e do persoal non docente. Noraboa a todos e todas pola vosa achega e participación.




Estos foron os tres agasallados. Verdade que son realmente moi bonitos?


Pedimos a aportación de adiviñas sobre froitos de Outono e elaboramos un libro coas achegas de todos/as que irá rotando polas aulas para traballalas cada titor/a.
Xa pola tarde celebramos o magosto tradicional con xogos populares como: saltar a corda, o pano, tragacastañas, partidos, ... Tamén saltamos a fogata, comemos castañas e pintamonos a cara. Pasámolo moi ben.


No hay comentarios:

Publicar un comentario