lunes, 21 de junio de 2010

XA TEMOS MASCOTA NO E.N.D.L

Pensamos que sería moi interesante contar cunha mascota que fose o símbolo do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
Convocouse un concurso entre todo o alumnado do Centro e despois dunha decisión dificil e moi consensuada ( con votación de todo o profesorado) elexiuse por maioria a que sería o noso emblema a partir de agora.

Imprimironse pegatinas para todo o Centro e agasallouse a gañadora: Ana Hidalgo ( 6º de E.P.) cun lote de libros en galego.

BO VERÁN

Despois dun longo curso, cun montón de actividades realizadas, de traballo, de experiencias, ... toca disfrutar duns días de lecer, recargar as pilas e voltar con forzas.

Agradecervos a todo o alumnado a colaboración e implicación en todalas propostas que dende o E.N.D.L. vos fixen chegar, resultando unha experiencia moi gratificante e un traballo fructífero.



A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: BO VERÁN

domingo, 20 de junio de 2010

FESTA DE FIN DE CURSO

Cando o curso está a piques de rematar no Centro celebramos un montón de actividades na que os nenos/as foron os grandes artífices do teatro, baile, cancións e actuacións musicais.

Resumindo deixo unha escolma das actividades realizadas:

- 3 anos A e B: cantaron dúas cancións: Debaixo dun botón, Zapateiro


- 4 anos danzaron o son de Don Melitón


- 5 anos representou a obra de teatro: Os globos de cores


- 1º e 2º de Primaria bailaron: Vou de roda en roda



- 3º de Primaria: Tocaron con instrumentos: O son de Bencho innedita do alumnado e profe Carol.


- 4º de Primaria:tocaron con flauta e percusión: O himno da alegría

- 5º Primaria: cantou o rap: "Os mestres do Pereiro", con musica e coreografía inventada polo alumnado e pola profe de música: Carol


- 6º de Primaria: baile dun canción moderna

martes, 15 de junio de 2010

O HORTO DE BENCHO



Este curso participamos por primeira vez no proxecto de Voz Natura. Tivemos o noso HORTO ESCOLAR, traballamos a reo para plantar as nosas primeiras plantas e para que o noso alumnado poidera ver de cerca o proceso de crecemento, para que coñecera o nome dos vexetais e cales son.


Tamén nos centramos no compostaxe, ventaxas, productos que se poden compostar, implicación nesta actividade, ...

O Equipo de Normalización colaborou activamente elaborando o libro de vexetais co seu nome en galego, na etiquetaxe do horto, na elaboración de adiviñas dos productos do horto, no conto viaxeiro: O toupo Bencho,...
Aquí vai unha escolma de fotos realizando actividades no HORTO de BENCHO.

TAMÉN REPRODUCIMOS NUNHA MAQUETA O HORTO DE BENCHO

lunes, 14 de junio de 2010

O XADREZ NA ESCOLA

O longo do curso estase realizando a actividade: DINAMIZANDO OS RECREOS II: O XADREZ.


Fomentase no Centro o xadrez nos recreos. En colaboración co ENDL elaborouse unha Guía de Xadrez (breve historia, glosario das pezas e termos usuais, movementos básicos, beneficios, vantaxes, etc.), e fomentase esta actividade entre o alumnado. As aulas de 5º e 6º de Infantil acuden martes e xoves semanalmente para realizar esta actividade na biblioteca.


Os nenos/as están interesadísimos nesta actividade e moitos días non hai taboleiros dispoñibles para xogar, tendo Andrés, o monitor, que establecer quendas de xogo ou invitandoos a que vaian máis tarde.

Despois do traballo de todo o curso a cargo de Andrés, nestes derradeiros días do curso estase celebrando os octavos e cuartos de final do campeonato de axedrez. Quedarán dous finalistas por aula. O vindeiro día 21 celebrase a final con entrega de trofeos a cargo da Ampa que está colaborando activamente.

Despois do éxito acadado, o vindeiro curso seguiremos fomentando esta actividade.

¡ANIMO RAPACES!

EXCURSIÓN A MARCELLE

O DÍA 31 DE MAIO O ALUMNADO DO COLEXIO DISFRUTOU DUN DÍA DE LECER E FOMOS DE EXCURSIÓN:


- 3 ANOS A LODOSELO
Lodoselo: pobo escola onde se realizan actividades formativas e lúdicas no ámbito rural. Ensinan aos nenos/as a facer o pan, teñir a lá con productos naturais, traballo na horta, paseo en burro, ...

- OS DE INFANTIL (4 E 5 ANOS) E TODA A PRIMARIA A MARCELLE.

FOI UNHA EXPERIENCIA MOI BONITA E APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS.
Marcelle dispón dun amplio espazo destinado aos animais onde se poden observar un montón de especies como (armadillos, bisontes, cebras, burros, dromedarios, capibara, avestruces, lobos, linces, lémures, muflóns, suricatas, wapiti, tartarugas, cocodrilos, ... e un largo etc.) nun hábitat o máis similar ó seu. Foi unha experiencia que lles gustou moito o alumnado e que disfrutaron de un día en contacto directo coa natureza.

DIA DAS LETRAS GALEGAS II



Este ano estivo adicado a Uxío Novoneyra,e sobre a súa vida e obra transcorreron tanto as lecturas ó longo de toda a semana ,por tódolos nen@s do cole como a actuación do día 14.



Realizamos traballos nas aulas sobre a vida e obras de Uxio, elaboramos murais, power point, traballos de investigación, ...



Aí vai unha mostriña:



Cada día da semana encargouse un ciclo de preparar información e de recitar poemas de Uxio para todos o alumnado do Centro: o luns foron os de primeiro e segundo, o martes os encargados foron os de segundo ciclo de Primaria, o mércores os maiores do Centro ( terceiro ciclo), o xoves os máis pequenos ( infantil) e por ultimo o venres foi o gran día con teatro, cancións, proxeccións, baile, ...



Os nenos e nenas de Primeiro de Educación Primaria representaron unha obra de teatro titulada: Fichas do xadrez



Tamén os alumnos/as de sexto de primaria animaronse con outra representación teatral . O título da mesma é o Flautista de Hamelín. Que ben lles quedou, mereceu a pena adicarlle horas aos ensaios.



Bailaron as nenas de 1º, 2º e 3º de primaria o ritmo de Beyoncé pero con letra galega adaptada o día das nosas letras


A partir do noso conto viaxeiro: O Toupo Bencho, adaptamos a letra e preparamos unha música. Estaban tan ilusionados que foi unha maravilla escoitar a todo o alumnado deleitarnos coas súas voces e acompañemento con flauta, e percusión.



Vimos o power point da vida de Uxio que grabamos coa voz dun neno do cole e tamén o conto de Ilda recitado polo alumnado de primeiro de primaria


Como remate final cantamos todos xuntos o himno galego e bailamos o son da música galega


martes, 8 de junio de 2010

AS CICLOBIBLIOTECAS

HOXE DÍA 9 DE XUÑO CONTAMOS CON ANXO MOURE NUNHA SESIÓN DE CICLOBIBLIOTECA.

A Ciclobiblioteca é unha proposta de animación a lectura solidaria e medioambiental. Trátase dun proxecto nacido na Galiza a través dun ciclocarro construído en Dinamarca e ensamblado en Garabelos, ao que lle instalamos uns andeis construídos polo centro de discapacitados ASDEME de Chantada, cargados con libros doados por editoras como Kalandraka, OQO, asociacións como “Máis Libros”, que conta coa colaboración da Director Xeral de Cultura e que se instala en parques, prazas, praias, piscinas, espazos naturais para divulgar un compromiso coa natureza e a solidariedade a través de cesión gratuíta de libros, actividades musicais, de animación teatral, paseos lectores.

As ciclobibliotecas levan máis de 500 instalacións en parques e prazas da Galiza, O Bierzo e Portugal.

As ciclobibliotecas teñen un servizo de alugueiro para cesión a quen as solicite, cos fondos recadados fináncianse proxectos de dotación bibliográfica en América Latina, Asia e África, coa instalación de bicibibliotecas en Bolivia, Mulotecas na selva de Guatemala, Mini-bibliotecas en Perú, ...