jueves, 22 de abril de 2010

MAIS ACTIVIDADES DA SEMANA DO LIBRO

Os pais e nais dos alumnos/as de Educación Infantil tamén queren aportar o seu gran de area despertando o gusto e disfrute cos libros e achéganse as aulas a contar o conto preferido de cada un deles.




O martes, a mamá de Xesús na aula de 4 anos nos contou: A araña máis intelixente. Estiveron moi interesados escoitando e vendo as ilustracións tan bonitas.







O martes tamén veu o papá de Estela a contar o conto: " Amigos ó rescate" a aula de 3 anos B. ¡Que bonito era!




Pero tamén ese día pasaron polas outras aulas outros papás:

Ana, a mamá de Lucía e Sergio pasou pola aula de 3 anos A e 3 anos B a contar o conto: A carrapuchiña vermella. Estiveron moi atentos .



Tamén se achegou a aula de 4 anos a contar o conto dos Tres porquiños.



Vivi, a mamá de Martín de 5 anos achegouse a todalas aulas a contar distintas historias e incluso nos trouxo un cd con música do conto.
O venres Mati, a mamá de Mauro de 4 anos achegouse de novo a todas as aulas de Infantil a contarnos contos e a entregarlle a cada neno/a un agasallo: un fermoso libro.



GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS O TEU CONTO FAVORITO E POR PARTICIPAR.

SEMANA DO LIBRO

Un libro encerra a música das verbas, as verbas de miles de cores, a cores da historia e da maxia, a maxia con millares de sabores.

No noso Centro estamos celebrando o longo de todala semana actos e actividades encamiñadas a fomentar o respecto e o gusto polos libros, e a descubrir un mar de soños que encerran nas súas liñas. Todolos días antes do recreo adicamos uns minutos a escoitar contos, adiviñas, poemas, ... nas tres linguas: galego, castelán e inglés, que preparan por ciclos.


O luns o alumnado de primeiro ciclo nos deleitou con dúas historias.



Os de primeiro co conto: "O gaiteiro e o ratiño"


Os de segundo de primaria co conto titulado "O capitán da bahía"


Os rapaces de terceiro propuxéronnos unhas adiviñas

O martes foron os de Cuarto de primaria os que nos leron: A ratiña presumida, de xeito dialogado. ¡ Que ben lles quedou!


O mércores, os alumnos de quinto contáronnos a historia da Cebra Camila



O xoves, os de sexto...


O venres tocoulle os de Educación Infantil contarnos poemas, unha escolma de ditos, e contos.


Ese día tivemos a entrega de libros (agasallo da A.N.P.A. do centro)


lunes, 12 de abril de 2010

DIA DA ÁRBORE

O pasado día 26 de Marzo celebramos o día da arbore xa que as inclemencias meteorolóxicas non nos permitiron poder facelo antes. Xuntamonos todos para deixar o nosa huella na arbore que plantamos por curso nas inmediacións do patio.
Durante esa semana traballamos a importancia da auga e das arbores para a nosa vida, os coidados, recomendacions, ... e como colafón final recibimos una pequena charla sobre o medio ambiente, especies arboreas, ...