Por segundo ano o noso Centro participa no proxecto de Voz Natura e ainda que non acadamos ningún dos premios, sabemos que o noso traballo gustou moitísimo ao xurado e estamos satisfeitos das actividades realizadas que este curso centraronse fundamentalmente no traballo coa auga, cun proxecto moi denso sobre o Encoro de Cachamuiña, e no coidado do horto e do invernadoiro.
Fixemos murais, libros, teatro de títeres, presentacións en power point, ... co gallo de fomentar o consumo responsable e o coidado do medio ambiente, ademáis dunha fermosa maqueta a escala do encoro de Cachamuiña cunha carpa a nosa CARPA SERAFINA.
martes, 7 de junio de 2011
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Durante a semana das letras Galegas tivemos diferentes actos co gallo de dar pulo a nosa lingua e ao autor Lois Pereiro, coñecemos a súa vida e obra, realizamos murais e lecturas colectivas por ciclos.
- Baile dos alumnos/as de 3º de Primaria: " O señor da serra"
- Canción final de todo o colexio: " O peciño" e "a fala" do poema de Manuel María.
O día 20 celebramos o festival das Letras galegas co seguinte guión:
- Presentación e power point da vida e obras de Lois Pereiro
- Presentación e power point da vida e obras de Lois Pereiro
- Baile dos alumnos/as de 3º de Primaria: " O señor da serra"
- Canción final de todo o colexio: " O peciño" e "a fala" do poema de Manuel María.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)