domingo, 27 de febrero de 2011

COMPADRES E COMADRES

Este ano pedimos a colaboración das familias para que de xeito voluntario elaboraran cos seus fillos/as un compadre ou comadre para expor na entrada do colexio e para que coñeceran unha das tradicións galegas.



O día de comadres (que se celebra o xoves de dúas semanas antes do Entroido), os nenos fan uns bonecos de papel que as nenas deben quitarlle e rompelos. O xoves seguinte é o día de compadres e agora son as nenas as que elaboran os bonecos e os rapaces os encargados de rompelos. O derradeiro boneco que queda sen destruir gardase para o vindeiro ano. É unha representación da loita de sexos.


A participación foi moi alta así como a calidade dos compadres e comadres. Deixovos unhas fotos e só me queda agradecervos a vosa colaboración unha vez máis.

jueves, 10 de febrero de 2011

RADIO BENCHO

ESTE ANO CREAMOS UNHA RADIO QUE ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE EMITE QUINCENALMENTE NO RECREO: DE 12:15 A 12:35 . É A NOSA RADIO E CHÁMASE RADIO BENCHO.
O PASADO MARTES, DÍA 8 DE XANEIRO EMITIMOS POR PRIMEIRA VEZ UN PROGRAMA DE RADIO QUE FOI PRESENTADO POR FERNANDO E RODRIGO DE 6º DE PRIMARIA.

Ola amigos, si, vos, os que estades no recreo xogando, charlando e paseando polo patio do colexio, e vos tamén profes, atendede, ésta é a vosa radio. Hoxe comenza radio BENCHO. É a primeira emisión dende o cole, pero pretendemos estar moitos días con vos contandovos cousas, pondovos a vosa música favorita, dedicándolles mensaxes aos vosos amigos e amigas e os vosos mestres. É a túa radio, é algo que nace hoxe pero que vos acompañará día tras día.

Sintoniza no recreo Radio Bencho, a túa radio.

A PRIMEIRA EMISIÓN CONTOU CON MÚSICA, UNHA ENTREVISTA AO DIRECTOR ( as preguntas foron elaboradas polo alumnado de 6º de Primaria), CHISTES, E UN CONCURSO PARA TENTAR ATOPAR A RESPOSTA A ADIVIÑA (no vindeiro programa coñecerase quen é o gañador do concurso e entregaraselle un agasallo).

A ADIVIÑA É:

“ ALTO PEPETE

REDONDO MULETE

QUE CHOVA, QUE NEVE

NUNCA SE DERRETE”

XA SABES A RESPOSTA?

E POR ÚLTIMO DENDE OS MICRÓFONOS DE RADIO BENCHO, FÍXOSE UN CHAMAMENTO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO COLEXIO PARA QUE FAGAN CHEGAR A DIRECCIÓN DE RADIO BENCHO DEDICATORIAS DE MÚSICA GALEGA, FRASES BONITAS, AGRADECEMENTOS, ... PARA OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS E TAMÉN PARA OS MESTRES DO COLEXIO.

XA VOS CONTAREI NOVAS DE RADIO BENCHO QUE VOLVE A EMITIR O VINDEIRO XOVES, DÍA 3 DE MARZO NO MESMO HORARIO.