lunes, 25 de octubre de 2010

Arrancou un novo curso escolar e quero saudarvos a todos os que facedes posible este blogue: profesorado, alumnado, pais/nais, ... desexo que teñades moitas gañas e forzar para traballar o longo do curso 2010-2011.

Xa quedaron atrás as vacacións de verán e metidos de cheo no Outono deixovos un relato elaborado por Santi Tarrío de 5º curso de primaria.


Agardo que vos guste.



O OUTONO:
" É realmente extraordinario poder ver cos nosos propios ollos como se caen aquelas follas que antes eran verdes e de cores e demostraban alegría e agora pasan desapercibidas. É o ciclo da vida, volverán a crecer outras follas pero nunca serán as mesmas.
Chegou o outono. E unha situación triste pero con gran beleza.
Comeza no hemisferio norte co equinoccio do outono, as temperaturaas baixan e o sol apenas quenta.
Chegado o outono facemos a vendima, recollemos as uvas, xuntamonos e recortamos os bagos maduros para facer un bo viño e disfrutar do día.
Recordame tamén a festa do magosto. É unha celebración na que as castañas son o centro de atención co viño novo. Celébrase o día de S. Martiño en Ourense. Todos nos xuntamos para asar as castañas, comelas, xogar, cantar, bailar e contar contos. Pintámonos a cara con cinza uns a outros.
O día de todos os Santos, o día dos defuntos.Todos temos a alguen que recordar.
No outono desfruto saindo ao campo cos meus pais a buscar cogomelos. Aquí chamámoslle cerrotas. Algúns anos fomos a Chantada e Monterroso, alí hai moitos.
Nestas datas tamén celebramos o Samaín. Esta festa ven dos Celtas, o culto aos mortos. En América chámase Halloween. As cabazas dan luz e farán que se vaian os espíritus." ( Santi)