domingo, 31 de enero de 2010

POEMAS E REFLEXIÓNS SOBRE A PAZ

Poemas para a Paz:

O día da Paz, é un día especial,

onde todo o mundo gardando silencio está

solo durante uns segundos calarán,

para disfrutar deses momentos

sin guerra e con paz.

Loitando contra a guerra

lograremos a paz

loitando contra a guerra

en compañía todos estarán.

Como a guerra non me gusta

loitarei contra ela

eu e todolos nenos do mundo

para rematala como sexa.

O día da paz remata

e algo bo conseguimos,

para que ninguén pase fame no mundo

e podamos divertirnos.

( Uxía Calleja, 6º Primaria)

A PAZ

A paz é algo moi importante, non so para todos senón para un mesmo. Faite sentir mellor e máis feliz. Trata de acabar coas guerras, o racismo, a violencia de xénero, as inxustizas, … Non é so o Día da Paz cando hai que loitar por ela senon que é todolos días e intentar axudar aos demáis a conseguilo e axudarlle nos seus problemas.

( Manuel Ramos, 6º Primaria)

POEMA DE PAZ

A paz son granciños de area

que as veces leva o vento,

son fíos que forman unha tea

cargada de bos sentimentos.

A paz é un gran tesouro

que debemos coidar con esmero

debe estenderse polo mundo

ou ao menos iso espero.

Moitos pobos non viven en paz

aterrorizados pola guerra

de xentes capaces de matar

con corazón de pedra.

Amor, xustiza, liberdade

son os pilares da paz,

debemos exercela sempre

para en harmonía estar.

(Ana Fidalgo, 6º Primaria)

CONSEGUIMOS, PRACTICAMOS, NECESITAMOS...

Xa chegou a paz,

con amor e tenrura

xa chegou a paz

con amor e amistad

A solidariedade é especial

para querernos máis

e axudar aos demáis.

A violencia e o odio

non os podo tolerar,

así que intento escapar.

Conseguimos a paz,

con amor e tenrura

que sempre nos axudan.

Practivamos a non violencia

para ter unha boa convivencia

Necesitamos a felicidade

para divertirnos máis

e ter mellor capacidade

para a sociedade.

(Arantxa, 6º Primaria)

miércoles, 20 de enero de 2010

Coñece a vida e obras de BEN- CHO- SHEY

O noso Centro Educativo leva o Nome de BEN-CHO- SHEY e hoxe imos a contarvos que é:



Ben-Cho-Shey

(1896 - 1988)




Xosé Ramón e Fernández-Oxea naceu en Ourense en 1896. Estudou o Bacharelato no Instituto da súa terra natal e obtivo o título de Mestre Nacional na Escola Superior de Maxisterio de Madrid. En 1921 foi chamado a filas como soldado para a Guerra de Marrocos, desde onde enviou crónicas de guerra, baixo o seudónimo de Ben-Cho-Shey, ao diario ourensán La Zarpa, que por aquela altura dirixía Basilio Álvarez; asimesmo colaborou con outras revistas e xornais: O tío Marcos da Portela, Nós, A Nosa Terra, Lar, Faro de Vigo... etc
Ao regreso da guerra, exerceu como mestre en Cariño (A Coruña) e máis tarde en Sta Marta de Moreiras (Ourense), deste último destino fixo un estudo etnográfico minucioso que recolleu no libro Santa Marta de Moreiras, publicado en 1969.
En 1928 viaxou a Francia e Bélxica, pensionado polas Deputacións para estudar Pedagoxía e nese mesmo ano ingresou no Seminario de Estudios Galegos. Posteriormente obtivo unha praza no Corpo de Inspectores de Ensino, cargo que desempeñaría até a súa xubilación; establecido en Lugo, presidiu o Partido Galeguista, mais en 1936, foi suspendido de emprego e soldo durante tres meses e posteriormente transladado á Inspección de Cáceres.
Fernández-Oxea instalouse definitivamente en Madrid, desde onde exerceu un importante labor cultural. Así, foi cofundador do Grupo Brais Pinto, representante da editora Galaxia e directivo do Centro Galego de Madrid, ademais de membro correspondente de diferentes sociedades e academias, entre elas, a Real Academia Galega e a Real Academia da Historia.
O etnógrafo galeguista foi autor de varias investigacións históricas, etnográficas e heráldicas pero tamén destacou na súa faceta literaria, tanto en prosa coma en verso: Berzas (1953), Andrómenas (1954), A ducia do frade (1966), O Barallete (1969), Catón Galego (1969), Santa Marta de Moreiras (1969), Contos do Fiadeiro (1973), Galicia no Corazón (1977) e Escudos de Lugo (1979).
Ao longo da súa vida recibiría numerosos premios e homenaxes: Premio José Cornide do Centro Galego de Buenos Aires (1960), homenaxe no Ateneo de Ourense (1977) ou a Medalla Castelao (1986) entre outros.
Ben-Cho-Shey faleceu en Madrid en 1988, os seus restos foron transladados ao cemiterio de San Francisco de Ourense.





Resultado das adiviñas

Agardo que che fora doado atopar a solución, pero si tes dúbidas, aquí tes as respostas.



1.-As estrelas








2.- O libro



3.- A man






4.- O río





Espero que che gustaran. un saudiño.

ADIVIÑAS?

Para que te entreteñas un pouco propoñoche estas adiviñas:

1.- Un prato de noces, que pola noite se espallan e polo día se esconden Que son?



2.- Alto ou baixo, deitado ou de pé, sempre está calado e non hai ninguen que fale mellor ca él. Quen é?


3.- Un longuiño, dous baixiños, o cuarto é fraco e o outro gordechiño.
Quen é?



5.- Longo e delgado , sempre brincando , e o mar sempre o está agardando. Son o ..........




Xa pensache dabondo, pois espero que atinaras, senón.... xa che axudarei.

Materias utiles para o profesorado

Achegovos unha serie de enlaces onde podedes encontrar vocabulario, correctores, glosarios de termos, programas, ...

Espero que sexan do voso interese e de gran utilidade.




Enderezos web de interese


Normativa e terminoloxía específica


http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf


(Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega, normativa de 2003)


http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Normasresumo.pdf


(Documento resumo do anterior, onde figuran os cambios máis salientables)


www.usc.es/snl/term/andel-term SNL.htm


(Vocabularios de terminoloxía específica)


http://www.udc.es/snl/recursos.html)


(Vocabularios de matemáticas e física e química, outros en construción)


Dicionarios e cursos de galego


http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index.html


(Dicionario da Real Academia Galega)


http://sli.uvigo.es/CLIG


(Dicionario Cluvi da universidade de Vigo, inglés-galego)


http://webs.uvigo.es/sli/glinternet/index.html


(Glosario de termos de Internet, galego-castelán-inglés-portugués)


http://e-galego.cesga.es/inicio.htm


(Curso multimedia de galego, nivel intermedio)


http://www.cursodegallego.com/


(“A palabra herdada”. Curso de galego en vinte e catro temas)


http://www.galegoenlinna.uvigo.es/index.asp


(Galego en liña. Ferramenta para o asesoramento lingüístico, gramática,


ortografía e estilo)


http://www.edu.xunta.es/galingua


(Galingua. Método interactivo para a aprendizaxe da lingua galega)


Galeguización do equipo informático


www.edu.xunta.es/portal/web/windowsxp.html


(Paquete de interface en galego para Windows XP)


http://wiki.mancomun.org/index.php/Firefox


(Navegador web gratuíto en galego)


www.imaxin.com/office2003.asp


(Paquete de interface en galego para Office 2003)


www.imaxin.com/corrector2mil3.asp


(Corrector ortográfico 2mil3 para todo o paquete Office 2000, XP e 2003)


www.mancomun.org/openoffice.org-en-galego.html


(Paquete de ofimática OpenOffice 2.3 e corrector ortográfico v.2.1)


http://sli.uvigo.es/corrector


(Corrector en liña Ortogal)


http://sli.uvigo.es/tradutor


(Tradutor Opentrad, para textos, documentos e páxinas web. Ás veces vai


mellor desde www.opentrad.org/demo ou ben desde


http://opentrad.imaxin.com)


www.ieschandomonte.edu.es/traducindote


(Tradutor que supón unha mellora sobre Opentrad e que desde setembro de


2007 traduce tamén documentos de Word. Nesta web está o GooTrad, que


permite traducir inglés-español, pero de momento está en estado de probas e


só vai con documentos de Openoffice)


Recursos para impartir as clases en galego


·


Programiñas sinxelos para crear e editar actividades educativas


FÓRMULA 20


Preguntas e respostas para dous xogadores. Creado por Fran Macías.


http://educalim.org/f20/f20.html


Exemplos: http://www.edugaliza.org/dsc/letras2007/index.html (Letras Galegas


2007)


http://centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/recursos/taboa/taboa.html


(Táboa de multiplicar)


HOT POTATOES


Permite realizar variadas actividades e enlazalas entre si. Universidade de


Victoria (Canadá) http://hotpot.uvic.ca/


Exemplos: http://www.edugaliza.org/aulas/sociais/magosto/index.htm (O


magosto)


http://www.edugaliza.org/dsc/Vial-Test/index.htm (Test de educación


vial)


http://www.edugaliza.org/dsc/Etnonet/index.html (Riqueza


paisaxística galega)


http://www.edugaliza.org/dsc/Etnonet2/index.htm (Diversidade


cultural galega)


CLIC e JAVACLIC


Creación e edición de actividades educativas sinxelas adaptables a calquera


materia e nivel de ensino. Creado por Francesc Busquets.


http://www.edugaliza.org/hiparcos e www.galego21.net/ldc


LIM


Contorno para a creación de actividades. Elaborado por Fran Macías.


http://www.educalim.org


Exemplos:


http://centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/recursos/galicia/galicia.html


(Símbolos de Galicia)


http://seminariogalan.org/seminario/prueba/actividades/index.html


(Letras Galegas 2007)


ARDORA


Aplicación sinxela, de Xosé M. Bouzán, para crear actividades propias:


encrucillados, sopas, completar… http://webardora.net/index gal.htm


Exemplos: http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/ (Cadernos de traballo do


Rato Paco)


·


lunes, 18 de enero de 2010

BENVIDOS AO BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Benvidos todos e todas ao blog do ENL do C.E.I.P. Ben Cho Shey do Pereiro de Aguiar.

O obxectivo desde blog é fomentar o uso da nosa lingua a nivel oral e escrito e tanto dentro coma fóra da aula, invitando a toda a comunidade educativa a que se exprese en galego, coñeza as costumes e tradicións ancestrais da nosa Comunidade e valore a importancia do seu uso.