domingo, 21 de febrero de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O 21 de Febreiro é o día Internacional da Lingua Materna. As propostas para o Día Internacional da Lingua Materna son:

1. Educa no respecto a todas as lenguas

2. Transmite o valor da diversidade

3. Cultiva as linguas con menos falantes

4. Fomenta a aprendizaxe de lenguas

5. Perde o medo a equivocarte

6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa

7. Acolle as outras linguas que te rodean

8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lengua

9. Practica o ecoturismo lingüístico

10. Fala tamén para os que están preto

sábado, 20 de febrero de 2010

FOTOS DE ENTROIDO 2010.

Sei que estades agardando ansiosos que colgara no blogue as fotos do Entroido deste ano e como o prometido é deuda pois aquí están.
Quero destacar o esforzo de todo o profesorado do Centro para que este Entroido quedara tan lucido e bonito.
XOANIÑAS

3 ANOS A E 3 ANOS B




4 ANOS: ELEFANTES

5 ANOS: POLIÑOS

1º PRIMARIA: PORQUIÑOS
2º PRIMARIA: VAQUIÑAS

3º PRIMARIA: TIGRES
4º PRIMARIA: PINGÜÍNS






5º PRIMARIA: CEBRAS

6º PRIMARIA: MONOS



ESPERO QUE VOS GUSTEN

CONTO DO DÍA DA PAZ: A MENSAXE DA PAZ

Un fermoso 30 de Xaneiro, unha pomba mensaxeira saíu por Ourense en busca dunha mensaxe da paz para levar













Primeiro, a pomba foi xunto un cociñeiro dun restaurante e preguntoulle cal cría el que era a mensaxe que debía transmitir ao mundo; e o cociñeiro contestou: Eu creo que para que haxa paz débese dar de comer aos famentos











Logo, foi ao centro comercial e preguntoulle a unha dependenta dunha tenda de roupa. Ésta, despois de pensar dixo: para que haxa paz, débese vestir e abrigar ao que teñen frío










A pombiña, ía pola rúa pensando no que lle dixeran cando se tropezou cun home que ía correndo cara a estación de tren. Cando a pomba lle preguntou, éste díxolle que el ía coller o tren para visitar á súa familia, e que para el o máis importante para vivir ledo e en paz era estar ao lado da xente que o quería e darlles moitos bicos e apertas.













A pomba aínda seguía dubidando cal era a mensaxe que debía transmitir e entrou a unha carpintería e preguntoulle ao carpinteiro. Éste díxolle: eu creo, que para fomentar a paz, debemos dar descanso e comodidade aos que o necesitan









A pomba estaba un pouco cansa, así que parou nunha cafetería para tomar un pouco de auga. Cando viu o camareiro preguntoulle cal cría que era a mensaxe de paz que debía transmitir, e o camareiro díxolle que el servíalle cafés a moita xente todos os días, e que a educación e as boas palabras eran a mellor mensaxe de paz.











A pomba ía moi contenta porque tiña moitas mensaxes, pero aínda non sabía exactamente cal era a mensaxe que debía transmitir,. Entón atopouse cun señor que viña do médico, e pensou que ao mellor, unha persoa que axuda a tanta xente podía saber cal era a mensaxe que andaba a buscar.






Foi a xunto o médico, e este díxolle que el curaba a moitas persoas e que cría que coidar e axudar á xente era unha forma moi importante de fomentar a paz.






A pomba gustáronlle todas as contestacións, pero aínda non estaba segura de cal era a mensaxe que debía levar. Cando xa voltaba para a súa casa, pasou por diante do Colexio Ben Cho Shey, e pensou que ao mellor alí podíana axudar.






A pombiña, entrou na clase de 1º de Primaria e contoulles o que lle pasara. Como estes rapaces e rapazas eran tan listos dixéronlle: o cociñeiro, a dependenta, o viaxeiro, o carpinteiro, o camareiro e o médico tiñan razón, pero a verdadeira mensaxe é que cada un ten que poñer o seu granciño de area para vivir nun mundo repleto de PAZ

jueves, 11 de febrero de 2010

ORIXE E MASCARAS DE ENTROIDO

ORIXE

Garda conexión coas celebracións pagás da antigüidade, relaconadas cos ciclos agrarios e co equinoccio de primavera. A estos elementos engadíronselles outros de orixe romana, cristiá e medieval. Actualmente ten unha clara relación co ciclo liturxico cristiá de despedirse da carne antes de entrar na Coresma.

O entroido, do latín INTROITUS é a celebración que o mundo rural leva a cabo da entrada do ano novo, que tradicionalmente comenzaba a primavera.É o rexurdimento da natureza. Esta verba existe dende o seculo XIII




MÁSCARAS OURENSÁNS:


O ENTROIDO por excelencia celebrase en Ourense. Nalgunhas localidades e vilas estes días están declarados como Festa de Interese Turístico. - - As pantallas de Xinzo de Limia,


- Os Cigarróns de Verín

- Peliqueiros e Laza,

- Os Boteiros de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Manzaneda

- Os Felos de Maceda


- Os Troteiros de Bande


- Charrúas de Allariz


- Irrios de Castro Caldelas


- Vergalleiros de Sarreaus


- Murrieiros da Teixeira


son algúns dos curiosos personaxes cos que nos podemos atopar nestas datas festivas.

DISFRUTADE MOITO DO ENTROIDO E VEMOS DE NOVO O MÉRCORES DE CINZA.

A partir da vindeira semana colgarei as fotos do Entroido do noso Cole. Pasaino moi ben, e todos de festa rachada.









martes, 9 de febrero de 2010

SEGUIMOS A VOLTAS CO ENTROIDO

Seguimos traballando o Entroido: investigando e rematando os traxes cos que imos desfilar o venres na nosa festa rachada. Xa nos queda pouco, andamos cos ultimos retoques porque comenza a marcha atrás. A vindeira semana colgarei as fotos dos nosos disfraces e da nosa festa. Xa queda pouco para que a poidades ver.
Demoslle un empuxón o estudo sobre o Entroido de Verín e imos contarvos cousas.Agora xa sabemos que despois do xoves de comadres e do venres de entroido tamén chamado compadreo e comadreo, chega o Sábado de Entroido:unha descarga de foguetes e bombos , alboradas con charangas e moitos ruido espertan aos veciños. Pola tarde na "Praza do Cigarrón" celebrase o acto solemne de vestir con todalas honras, a tres novos cigarróns, coa presencia da Raiña da festa e do Entroideiro Maior.
Hai degustación gratuita dos productos típicos como a bica e o licor café, amenizado con charangas. Comenza o baile popular que remata a altas horas da madrugada.


Chegamos o día grande: DOMINGO DE ENTROIDO: as primeiras horas da mañá volven a ser protagonistas as bombas e as charangas , e todos con ilusión agardan a chegada do desfile de comparsas e carrozas, que se concentran no Barrio de San Roque ata a súa saída.
As doce do mediodía comeza o Gran desfile de Carrozas, Comparsas, Máscaras e Cigarróns, amenizado pola Banda de Gaitas do Concello e das charangas que percorrerán as rúas da vila abarrotadas de xente e respirando lecía, cor, música e diversión.
Gran diversión e verbena popular.
LUNS DE ENTROIDO: FARELEIRO: pola mañá o son dos foguetes voltan as charangas a percorrer as rúas.Os máis cativos son os protagonistas indiscutibles deste día.
Na praza maior terá lugar unha autentica batalla de fariña, na que todos rematan manchados. A fariña noutros tempos, é considerada un símbolo de fecundidade.
A festa continua e pola tardiña todos voltan o baile ao son da música de orquestra.
MARTES DE ENTROIDO: é o derradeiro día de festa popular. Faise entrega ao remate deste xantar do "Premio pescadilla" cedido pola comisión do Entroido e entregado a mans da súa viuva a comparsa que máis abraiados deixase aos veciños durante o desfile do Domingo de Entroido.
Despois de xantar as rúas voltan encherse de xentre para revivir o Desfile de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns, amenizado pola Banda de Gaitas de Verín e por numerosas charangas.
Rematan os días de festa e diversión. ¡ ATA O ANO QUE VEN ENTROIDO!

miércoles, 3 de febrero de 2010

DÍAS IMPORTANTES DO ENTROIDO

XOVES DE COMPADRES:

É o primeiro día do Entroido e a primeira noite de mascarada colectiva. Antiguamente as mozas facían os bonecos que imitaban a figura dun home, pendurándoos en lugar visible ou procurando aldraxalos e ata queimalos, sempre coa oposición dos mozos que trataban de evitalo.


É noite de homes, aínda que co paso dos anos son máis as mulleres que tamén se animan esta noite, disfrazándose como se fosen homes. Despois dunha boa cena, a medianoite todalas pandillas de homes percorren as rúas da vila en compaña das charangas e do "carro do meco" para chegar a praza maior e xulgar "o Maragato".

DOMINGO CORREDOIRO:

Coménzase propiamente a "corre-lo entroido" xa que ás primeiras horas da mañá hai unha descarga de foguetería e as principais rúas da vila énchense de algarabío para saúdar a tódolos veciños a saída da misa.


A tarde-noitiña celébrase na praza de Verín o primeiro baile de mascaras vespertino o son das orquestas e ten lugara a primeira fariñada.




XOVES DE COMADRES:

¡ Chegou o entroido!. Miles de mulleres disfrazadas, participan en ceas colectivas enchendo todolos restaurantes da vila. A medianoite vanse xuntando nas rúas, facendo a procesión da vela e das sabas brancas para recibir o Entroido e a raiña do Entroido no barrio de San Lázaro.
A raiña le o pregón do Entroido, no que se ridiculiza os sucesos acontecidos o longo do ano na vila de xeito grotesco e burlón.

VENRES DE ENTROIDO: COMPADREO E COMADREO:

É a procesión dos capuchóns e máscaras. Tódolos veciños e visitantes participan xuntos na festa amenizada por charangas e orquestas.

martes, 2 de febrero de 2010

O entroido

Ante a proximidade destas datas no noso calendario escolar, en que andamos atarefados facendo os disfraces, cos mais maiores do colexio decidimos, este ano, facer unha pequena investigación sobre o Entroido de Verín, por estar declarado de interese turístico nacional.

Xa sabemos que o cigarrón é a figura máis caracteristica do Entroido de Verín. A careta é totalmente artesana, está composta por unha máscara tallada e pintada a man, sendo totalmente artesana, polo que o seu coste é moi elevado.


Na parte posterior irá colocada a "pelica", pel que colgará en forma de rabo que en moitos casos é sintetica.


O traxe está composto por unha camisa branca, grabata e unha chaquetilla corta da que colgan flecos dourados que irán atados con lazos de tres cores. Enriba da chaquetilla vai un pano enganchado ás charretas da chaquetilla.
Unha gran faixa vermella anudada na cintura axuda a suxeitar o pantalón, unha das partes máis laboriosas do traxe.
Enriba vai o cinto, do cal colgarán seis grandes chocas colocadas en orden de sons machos e femias.
Nas pernas levan medias blancas suxeitas con ligas e zapatos negros.

lunes, 1 de febrero de 2010

DIA DA PAZ

Este ano no noso colexio, o C.E.I.P. Ben-cho-shey para conmemorar o día da paz todo a alumnado e profesorado do Centro elaboramos un tren pola paz onde traballamos os símbolos da paz, verbas relacionadas con este tema, Haiti, as linguas, o corazón e as pingas da paz, un conto de Paz, ... e onde plasmamos os mellores anceios de paz, armonía e solidariedade.



Cada vagón do tren representa a unha clase comenzando por 3 anos A e rematando en 6º de Primaria. Esta é unha pequena mostra desglasada de un en un.



Tamén conxuntamente, coas mans de todo o alumnado elaboramos este mural que representa o desexo de todos de construir un mundo mellor e que titulamos o Noso Horto de Paz.



A parte destes traballos plásticos, dos especificos de aula de recompilación e investigación, conxuntamente lemos un manifesto pola paz, e cantamos todos xuntos con acompañamento musical ( guitarra e flauta) en vivo e en directo dúas cantigas: "Amiguiños" ( E.I.) e "Solo le pido a Dios"(E.P.).
Estas son algunhas da fotos. Espero que vos gusten.