martes, 23 de noviembre de 2010

O MAGO CALI







O programa Bocaberta 2010-2011, é unha iniciativa coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover a lingua galega entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos. As actividades que conforman Bocaberta están elaboradas desde os intereses dos nenos e dos mozos co obxectivo fundamental de propiciar a súa participación activa a través da palabra.

Ó noso Centro, o día 17 de Novembro achegouse o Mago Cali cun espectáculo que abre a porta á imaxinación: as palabras convértense en fascinantes historias máxicas. Con sorpresa, humor e diversión, amósase como con calquera palabra se pode facer maxia.

O seu espectáculo está inspirado na obra Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz (Premio Nacional de Literatura Infantíl e Xuvenil, 2008).

jueves, 11 de noviembre de 2010

A FESTA DO MAGOSTO

A castaña é un dos alimentos mais antigos da Humanidade. Dende o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de castañas e landras.
O castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos antes da chegada dos romanos, comíanas asadas, ou facían fariña das castañas secas ou "pilongas", para alimentarse durante todo o ano.
Ate fai poucos anos, eran alimento base da poboación europea en forma de fruto fresco, seco, sen as súas peles, ou moída en fariña. No século XVI, viñeron as patacas e o millo de América, estableceuse a competencia e perderon pouco a pouco protagonismo na dieta campesiña, e moito mais ao ser atacado a nobre árbore por enfermidades como o "chancro" e a "tinta".
O número de castañeiros diminuíu en Galicia a pesares das repoboacións, diminuíndo tamén a producción cada ano.
Cada vez mais, a invasión de piñeiros e eucaliptos denigra os nosos montes e fainos presa dos incendios.
A castaña proporciona uns benefícios considerables tanto polo valor real das exportacións como polo número de quilos comercializados directamente ou por medio de productos derivados, especialmente das castañas confitadas. Atesoura un valor nutritivo e gran riqueza en minerais, pero tamén ten un valor social en torno ó magosto, que serve para perpetuar amizades e unir lazos veciñais.
A castaña é o froito máis ligado á nosa cultura, ten un amplo vocabulario que a identifica nas súas diferentes formas e fases de crecemento. Forma parte do noso refraneiro popular, deu orixe a moitos topónimos de Galicia e está presente en múltiples expresións que utilizamos a cotío.
No C.E.I.P. BEN-CHO-SHEY celebramos onte, mércores 10 de Novembro a festa entorno a castaña. Celebramos o VIII Concurso do Bencho-castañón ( agasallando os nenos que aportaron a castaña máis pesada de cada clase e a máis pesada do cole. Este ano a gañadora foi a castaña de Sara ( 5ºA de Infantil, que pesou 35'5 gramos). ¡ Era enorme!


Tamén propuxemos o 1º Concurso de manualidades con castañas ou froitos de outono. Os nosos alumnos/as e as súas familias son uns verdadeiros artistas. Con moito inxenio e creatividade aportaron o Centro un montón de traballos moi elaborados e moi bós. Foi moi difícil decantarse polos tres gañadores nunha votación conxunta de alumnos/as de terceiro ciclo, do profesorado e do persoal non docente. Noraboa a todos e todas pola vosa achega e participación.




Estos foron os tres agasallados. Verdade que son realmente moi bonitos?


Pedimos a aportación de adiviñas sobre froitos de Outono e elaboramos un libro coas achegas de todos/as que irá rotando polas aulas para traballalas cada titor/a.
Xa pola tarde celebramos o magosto tradicional con xogos populares como: saltar a corda, o pano, tragacastañas, partidos, ... Tamén saltamos a fogata, comemos castañas e pintamonos a cara. Pasámolo moi ben.


miércoles, 3 de noviembre de 2010

A FESTA DO SAMAÍN



O VENRES DÍA 29 CELEBRAMOS A FESTA DO SAMAÍN.
Os nenos/as de 6º de Primaria leron unha pequena introducción sobre a festa que estabamos a celebrar, a continuación fixose entrega dos premios de contos segundo cada ciclo e leronse para todos/as, a continuación entregaronse os diplomas e premios as cabazas decoradas por categorías: a máis grande, a máis pequena, dous as máis terrorífica, dous as máis enxebre, dous terceiros premios, dous segundos, e dous primeiros as máis artísticas. ( foi moi dificil a elección debido o gran número de participantes e a calidades das mesmas).
Como remate final cantamos todos xuntos a canción do Samaín ( letra e música inédita da profe Salomé)


Moitas grazas pola altisima participación: 160 nenos/as de 193 alumnos/as do Centro. Só me queda felicitarvos e animarvos a seguir colaborando coas propostas que vos facemos chegar dende o colexio.

martes, 2 de noviembre de 2010

CONTOS GAÑADORES

O venres pasado aproveitando a celebración do Samaín no cole fixemos un concurso de contos inéditos en galego sobre o Samaín.
Houbo unha gran participación e non resultou doado seleccionar os gañadores.

CONTO GAÑADOR DE INFANTIL:

A CABAZA RUPERTA

" Erase unha vez nun pobo moi lonxano unha cabaza chamada Ruperta que era tan pequeniña, tan pequeniña que todos se rían dela por ser diferente aos demáis.

Unha noite paseando por uns camiños atopouse cunha bruxa malvada que a intentou comer, pero Ruperta armouse de valor, colleu unha pedra e tiroulla á bruxa facéndoa fuxir tan lonxe que nunca máis se lle volveu a ocurrir meterse cunha cabaza tan pequeniña e fraxil coma Ruperta. Dende entón Ruperta gañouse o respeto de todos os veciños do lugar e todos querían ser os seus amigos.

A ninguén lle importaba que Ruperta fora tan pequeniña, e dende entón Ruperta vive máis feliz rodeada dos seus amigos."( SANDRA PÉREZ RODRÍGUEZ)





CONTO DO 1º CICLO DE PRIMARIA:


" A CABAZA DE GABRIEL"

“ Era unha vez unha cabaza tan, tan grande que xa non cabía no horto. O seu dono era un neno chamado Gabriel. Gabriel pensou en levala ao colexio pero antes ía decorala para o Samaín. Entón Gabriel foi ó horto en busca da cabaza para decorala e topouse coa súa nai que traía unha cara moi asustada. A cabaza marchara do horto. Gabriel non puido decorala nin levala á escola. Dende aquelas cando chega o Samaín din que vese polo monte preto do horto de Gabriel unha cabaza grande, grande que rí e chisca un ollo”. ( CELIA GONZÁLEZ GONZÁLEZ)


CONTO 2º CICLO DE PRIMARIA:


A NOITE DO SAMAÍN:


“ O esqueleto, a cabaciña, a bruxa e o morcego van de festa, é a noite do Samaín. ¡ Son uns valentes! Din non ter medo a nada. Van cantando pola rúa arriba, máis de pronto, uh, uh, uh …! ¡ Meu deus!, ¡ Que medo!, ¡ Votan a correr rúa abaixo!, ¡É unha fantasma!, ¡Relocenlle os ollos!, ¡ Acabouselle a valentía!, ¡ Como corren!

Mais non era unha fantasma. Era Rosiña disfrazada cunha sabana e dúas linternas. Menudas risas pasaron todos no pobo a contad eles. E todo esto ¿quen o argallou?, Quen ía ser: o Miguel e o
Xian de terceiro do Ben Cho Shei, os da clase da Ramona para meterlle un susto aos seus amigos que sempre andaban a presumir de ser uns valentes”.( MIGUEL RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ)

CONTO GAÑADOR 3º CICLO DE PRIMARIA:

SAM E AÍN

“ Unha vez, unha cabaza chamada Aín, perdeuse durante unha noite, na que había sombras e lobos. Ela quería voltar á casa, e emprendeu o camiño de volta. Andou dez quilométros e atopou un lobo chamado Sam. Deulle moito susto porque tiña pouco pelo e parecía un home lobo. Sam preguntoulle a Aín se podía seguir con ela a viaxe, que el tamén se perdera.

Camiñando atoparon outros dous lobos amigos: Hallo e Ween. Eran uns trampulleiros e tentaron escapar deles. Mentres corrían polo bosque, unha árbore amiga avisoulles de que Hallo e Ween ían porlle trampas.

A primeira foi que apareceu unha bruxa que tentou transformalos en rás. Sam con moita astucia colleu a basoira e escaparon voando os dous amigos, pero … de súpeto unha bandada de corvos, enviados por Hallo e Ween atacounos. Aín sacou o seu naris e logrou espantar aos corvos.

Os dous amigos: Sam e Aín uniron as súas forzas, e enfrontaronse a Hallo e Ween que foron derrotados.

Dende aquel día, no pobo son alcaldes Sam e Aín e celebrase a festa do Samaín en honra os seus nomes e Hallo e Ween desapareceron para sempre”. ( MARCOS CID PÉREZ)

Historia do Samain

O SAMAIN


A noite do 31 de Outubro ao 1 de Novembro marcaba para os celtas o inicio do novo ano. Crían que era unha noite máxica na que as almas dos difuntos podían volver ao mundo dos vivos para visitar aos seus familiares ou para arranxar contas pendentes.



Para alonxar os malos espíritos expoñían nas entradas dos seus castros as caveiras dos inimigos derrotados nas batallas.



Os celtas eran orixinarios da Europa Central, pero como eran pobos de guerreiros, foron quen de ampliar o seu territorio hasta abarcar gran parte de Europa, incluida a nosa Terra e a maioría da Península Ibérica. Con eles levaron as súas crenzas, entre elas a celebración da noite de Samaín.



Na nosa terra a festa do 1 de novembro tamén foi variando e enriquecéndose con cada novo pobo que habitou aquí.



Según nos contan os nosos maiores, moito antes de oirmos falar por estas terras do Halloween, nalgunhas partes de Galicia, a xente xa adoitaba baleirar nabos primeiro e logo cabazas, para poñerlle candeas dentro e asustar á xente polos camiños .



Se este costume se mantivo desde a Idade de Bronce (época dos celtas) ou se se perdera e volveu máis tarde, a través dalgunha das moitas influencias que recibimos ao longo da historia (moitas delas tamén con antecedentes celtas), seguramente é algo do que probablemente nunca poderemos estar certos.



O que parece claro é que Halloween e Samaín son dúas festas cunha raíz común moi antiga, pero cunha historia moi diferente