lunes, 4 de abril de 2011

DÍA DA ARBORE

O DÍA 21 DE MARZO CELEBRAMOS O DÍA DA ARBORE: TRABALLAMOS A IMPORTANCIA DAS ARBORES NO ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES, A SÚA IMPORTANCIA E OS SEUS COIDADOS. PREPARAMOS UN PEQUENO VIVEIRO DE ESPECIES AUTÓCTONAS NO HORTO DE BENCHO QUE COIDAREMOS CON ESMERO PARA TRANSPLANTAR O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

DÍA DA AUGA:VISITA E LIMPEZA DO ENCORO DE CACHAMUIÑA, XOGOS E EXPERIENCIAS

Durante este trimestre estamonos centrados no coñecemento e estudio pormenorizado do Encoro de Cachamuiña, na súa flora e fauna e o día 22 de Marzo aproveitando que era o día da auga un grupo de alumnos/as e profes achegámonos ao Encoro para velo de preto e realizar una limpeza nas súas orillas. Disfrutamos moito e tamén aprendemos moitas cousas novas pero sobre todo a non tirar o lixo o chan porque daña o ecosistema.






















Vimos de preto un pescador que collía unha troita, piñeiros, carballos, bidueiros e salgueiros, xestas, carqueixas e toxos, lagartixas, rás, arañas, formigas, zapateiros, esquios, ...










Xa pola tarde cantamos cancións da auga: "el agua es vida, cuidala", vimos unha presentación en power point da importancia da auga, usos e consumo responsable, un teatro de títeres, que representaron as profes de educación infantil, e uns talleres e xogos coa auga. Aprendemos moito e pasámolo xenial.