lunes, 7 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011

Despois de moitos días de intenso traballo chegou o agardado día de Entroido. Este ano o tema elexido foi o HORTO ESCOLAR.
OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS A e B CONVERTÉRONSE EN FERMOSOS XIRASOLES










ACOMPAÑÁRONNOS AS FRESAS E FRESÓNS REPRESENTADOS POR 4 ANOS A E B



COMO NON PODÍA SER MENOS, A MASCOTA DO HORTO, BENCHO, O TOUPIÑO QUE TRABALLA ARREO EXCAVANDO E LEVANTANDO TODO O QUE ATOPA O SEU PASO, PERO … QUE É MOI SIMPÁTICO, TAMÉN QUIXO ACOMPAÑARNOS HOXE REPRESENTADO POLOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS.

NO HORTO DE BENCHO TAMÉN HAI VARIEDADE DE PEMENTOS ( DE ARNOIA, VERMELLOS E ITALIANOS), QUE SON OS ALUMNOS DE 1º DE PRIMARIA

PRECIOSOS TOMATES DE CALIDADE REPRESENTADOS POR 2º DE PRIMARIA

UNHAS SIMPÁTICAS CENORIAS DE 3º DE PRIMARIA

E UNHAS BERENXENAS MOI ORIXINAIS DE 4º DE PRIMARIA.


PERO NO NOSO HORTO NON PODEN FALTAR OS VISTOSOS ESPANTALLOS DE 5º DE PRIMARIA

E OS AGRICULTORES QUE TRABALLAN DE SOL A SOL PARA PLANTAR, REGAR E COIDAR OS NOSOS VEXETAIS. ESTÁN REPRESENTADOS POR O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA.

NOVOS PROGRAMAS DE RADIO BENCHO

O pasado xoves, día 3 de Marzo, emitimos o segundo programa de Radio Bencho, despois de moitos aplazamentos por motivos axenos a dirección da radio ( visita do inspector, enfermedad do presentador, deporte escolar, ...). esta emisión estivo preparada integramente polo alumnado de 4º de primaria e presentada por Alfonso e Miriam.

O guión do programa foi:

- Noticias do colexio: as comadres e o entroido.

- Deportes: fútbol e atletismo.

- Entrevista a Andrés o profe de xadrez e o colaborador incansable do colexio.

- Resultado do concurso de adiviñas e gañador.

- Dedicatorias: chegaron á redacción da radio as primeira dedicatoria de música que pinchamos para todos.

- Os nenos/as de 4 anos A e a súa titora Sinda quixeron adicarlle a canción “ Un patio particular” para todos os irmáns

- Os nenos/as de 4 anos B e Mª José, a titora, adicaronlle a Virginia, a coidadora do cole: “O cole imaxinario”

- A clase de 6º de Primaria para todo o profesorado do Centro pero especialmente para a súa titora Chelo e para o noso director Juan, cantaron en directo “ A saia da Carolina”

O venres pola tarde foi un día de portas abertas para que os pais poideran ver os disfraces , e decidimos emitir un pequeno programa especial para dar coñecer Radio Bencho e explicar o tema ó que adicamos este ano o desfile, nada máis e nada menos que ó HORTO ESCOLAR, nel explicouse a orde de saída e os tema do disfraz escollido por cada clase e pinchouse música de troula.

A próxima emisión corre a cargo de 5º de Primaria.