martes, 2 de noviembre de 2010

CONTOS GAÑADORES

O venres pasado aproveitando a celebración do Samaín no cole fixemos un concurso de contos inéditos en galego sobre o Samaín.
Houbo unha gran participación e non resultou doado seleccionar os gañadores.

CONTO GAÑADOR DE INFANTIL:

A CABAZA RUPERTA

" Erase unha vez nun pobo moi lonxano unha cabaza chamada Ruperta que era tan pequeniña, tan pequeniña que todos se rían dela por ser diferente aos demáis.

Unha noite paseando por uns camiños atopouse cunha bruxa malvada que a intentou comer, pero Ruperta armouse de valor, colleu unha pedra e tiroulla á bruxa facéndoa fuxir tan lonxe que nunca máis se lle volveu a ocurrir meterse cunha cabaza tan pequeniña e fraxil coma Ruperta. Dende entón Ruperta gañouse o respeto de todos os veciños do lugar e todos querían ser os seus amigos.

A ninguén lle importaba que Ruperta fora tan pequeniña, e dende entón Ruperta vive máis feliz rodeada dos seus amigos."( SANDRA PÉREZ RODRÍGUEZ)





CONTO DO 1º CICLO DE PRIMARIA:


" A CABAZA DE GABRIEL"

“ Era unha vez unha cabaza tan, tan grande que xa non cabía no horto. O seu dono era un neno chamado Gabriel. Gabriel pensou en levala ao colexio pero antes ía decorala para o Samaín. Entón Gabriel foi ó horto en busca da cabaza para decorala e topouse coa súa nai que traía unha cara moi asustada. A cabaza marchara do horto. Gabriel non puido decorala nin levala á escola. Dende aquelas cando chega o Samaín din que vese polo monte preto do horto de Gabriel unha cabaza grande, grande que rí e chisca un ollo”. ( CELIA GONZÁLEZ GONZÁLEZ)


CONTO 2º CICLO DE PRIMARIA:


A NOITE DO SAMAÍN:


“ O esqueleto, a cabaciña, a bruxa e o morcego van de festa, é a noite do Samaín. ¡ Son uns valentes! Din non ter medo a nada. Van cantando pola rúa arriba, máis de pronto, uh, uh, uh …! ¡ Meu deus!, ¡ Que medo!, ¡ Votan a correr rúa abaixo!, ¡É unha fantasma!, ¡Relocenlle os ollos!, ¡ Acabouselle a valentía!, ¡ Como corren!

Mais non era unha fantasma. Era Rosiña disfrazada cunha sabana e dúas linternas. Menudas risas pasaron todos no pobo a contad eles. E todo esto ¿quen o argallou?, Quen ía ser: o Miguel e o
Xian de terceiro do Ben Cho Shei, os da clase da Ramona para meterlle un susto aos seus amigos que sempre andaban a presumir de ser uns valentes”.( MIGUEL RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ)

CONTO GAÑADOR 3º CICLO DE PRIMARIA:

SAM E AÍN

“ Unha vez, unha cabaza chamada Aín, perdeuse durante unha noite, na que había sombras e lobos. Ela quería voltar á casa, e emprendeu o camiño de volta. Andou dez quilométros e atopou un lobo chamado Sam. Deulle moito susto porque tiña pouco pelo e parecía un home lobo. Sam preguntoulle a Aín se podía seguir con ela a viaxe, que el tamén se perdera.

Camiñando atoparon outros dous lobos amigos: Hallo e Ween. Eran uns trampulleiros e tentaron escapar deles. Mentres corrían polo bosque, unha árbore amiga avisoulles de que Hallo e Ween ían porlle trampas.

A primeira foi que apareceu unha bruxa que tentou transformalos en rás. Sam con moita astucia colleu a basoira e escaparon voando os dous amigos, pero … de súpeto unha bandada de corvos, enviados por Hallo e Ween atacounos. Aín sacou o seu naris e logrou espantar aos corvos.

Os dous amigos: Sam e Aín uniron as súas forzas, e enfrontaronse a Hallo e Ween que foron derrotados.

Dende aquel día, no pobo son alcaldes Sam e Aín e celebrase a festa do Samaín en honra os seus nomes e Hallo e Ween desapareceron para sempre”. ( MARCOS CID PÉREZ)

No hay comentarios:

Publicar un comentario