martes, 9 de febrero de 2010

SEGUIMOS A VOLTAS CO ENTROIDO

Seguimos traballando o Entroido: investigando e rematando os traxes cos que imos desfilar o venres na nosa festa rachada. Xa nos queda pouco, andamos cos ultimos retoques porque comenza a marcha atrás. A vindeira semana colgarei as fotos dos nosos disfraces e da nosa festa. Xa queda pouco para que a poidades ver.
Demoslle un empuxón o estudo sobre o Entroido de Verín e imos contarvos cousas.Agora xa sabemos que despois do xoves de comadres e do venres de entroido tamén chamado compadreo e comadreo, chega o Sábado de Entroido:unha descarga de foguetes e bombos , alboradas con charangas e moitos ruido espertan aos veciños. Pola tarde na "Praza do Cigarrón" celebrase o acto solemne de vestir con todalas honras, a tres novos cigarróns, coa presencia da Raiña da festa e do Entroideiro Maior.
Hai degustación gratuita dos productos típicos como a bica e o licor café, amenizado con charangas. Comenza o baile popular que remata a altas horas da madrugada.


Chegamos o día grande: DOMINGO DE ENTROIDO: as primeiras horas da mañá volven a ser protagonistas as bombas e as charangas , e todos con ilusión agardan a chegada do desfile de comparsas e carrozas, que se concentran no Barrio de San Roque ata a súa saída.
As doce do mediodía comeza o Gran desfile de Carrozas, Comparsas, Máscaras e Cigarróns, amenizado pola Banda de Gaitas do Concello e das charangas que percorrerán as rúas da vila abarrotadas de xente e respirando lecía, cor, música e diversión.
Gran diversión e verbena popular.
LUNS DE ENTROIDO: FARELEIRO: pola mañá o son dos foguetes voltan as charangas a percorrer as rúas.Os máis cativos son os protagonistas indiscutibles deste día.
Na praza maior terá lugar unha autentica batalla de fariña, na que todos rematan manchados. A fariña noutros tempos, é considerada un símbolo de fecundidade.
A festa continua e pola tardiña todos voltan o baile ao son da música de orquestra.
MARTES DE ENTROIDO: é o derradeiro día de festa popular. Faise entrega ao remate deste xantar do "Premio pescadilla" cedido pola comisión do Entroido e entregado a mans da súa viuva a comparsa que máis abraiados deixase aos veciños durante o desfile do Domingo de Entroido.
Despois de xantar as rúas voltan encherse de xentre para revivir o Desfile de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns, amenizado pola Banda de Gaitas de Verín e por numerosas charangas.
Rematan os días de festa e diversión. ¡ ATA O ANO QUE VEN ENTROIDO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario