miércoles, 3 de febrero de 2010

DÍAS IMPORTANTES DO ENTROIDO

XOVES DE COMPADRES:

É o primeiro día do Entroido e a primeira noite de mascarada colectiva. Antiguamente as mozas facían os bonecos que imitaban a figura dun home, pendurándoos en lugar visible ou procurando aldraxalos e ata queimalos, sempre coa oposición dos mozos que trataban de evitalo.


É noite de homes, aínda que co paso dos anos son máis as mulleres que tamén se animan esta noite, disfrazándose como se fosen homes. Despois dunha boa cena, a medianoite todalas pandillas de homes percorren as rúas da vila en compaña das charangas e do "carro do meco" para chegar a praza maior e xulgar "o Maragato".

DOMINGO CORREDOIRO:

Coménzase propiamente a "corre-lo entroido" xa que ás primeiras horas da mañá hai unha descarga de foguetería e as principais rúas da vila énchense de algarabío para saúdar a tódolos veciños a saída da misa.


A tarde-noitiña celébrase na praza de Verín o primeiro baile de mascaras vespertino o son das orquestas e ten lugara a primeira fariñada.




XOVES DE COMADRES:

¡ Chegou o entroido!. Miles de mulleres disfrazadas, participan en ceas colectivas enchendo todolos restaurantes da vila. A medianoite vanse xuntando nas rúas, facendo a procesión da vela e das sabas brancas para recibir o Entroido e a raiña do Entroido no barrio de San Lázaro.
A raiña le o pregón do Entroido, no que se ridiculiza os sucesos acontecidos o longo do ano na vila de xeito grotesco e burlón.

VENRES DE ENTROIDO: COMPADREO E COMADREO:

É a procesión dos capuchóns e máscaras. Tódolos veciños e visitantes participan xuntos na festa amenizada por charangas e orquestas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario