sábado, 20 de febrero de 2010

CONTO DO DÍA DA PAZ: A MENSAXE DA PAZ

Un fermoso 30 de Xaneiro, unha pomba mensaxeira saíu por Ourense en busca dunha mensaxe da paz para levar













Primeiro, a pomba foi xunto un cociñeiro dun restaurante e preguntoulle cal cría el que era a mensaxe que debía transmitir ao mundo; e o cociñeiro contestou: Eu creo que para que haxa paz débese dar de comer aos famentos











Logo, foi ao centro comercial e preguntoulle a unha dependenta dunha tenda de roupa. Ésta, despois de pensar dixo: para que haxa paz, débese vestir e abrigar ao que teñen frío










A pombiña, ía pola rúa pensando no que lle dixeran cando se tropezou cun home que ía correndo cara a estación de tren. Cando a pomba lle preguntou, éste díxolle que el ía coller o tren para visitar á súa familia, e que para el o máis importante para vivir ledo e en paz era estar ao lado da xente que o quería e darlles moitos bicos e apertas.













A pomba aínda seguía dubidando cal era a mensaxe que debía transmitir e entrou a unha carpintería e preguntoulle ao carpinteiro. Éste díxolle: eu creo, que para fomentar a paz, debemos dar descanso e comodidade aos que o necesitan









A pomba estaba un pouco cansa, así que parou nunha cafetería para tomar un pouco de auga. Cando viu o camareiro preguntoulle cal cría que era a mensaxe de paz que debía transmitir, e o camareiro díxolle que el servíalle cafés a moita xente todos os días, e que a educación e as boas palabras eran a mellor mensaxe de paz.











A pomba ía moi contenta porque tiña moitas mensaxes, pero aínda non sabía exactamente cal era a mensaxe que debía transmitir,. Entón atopouse cun señor que viña do médico, e pensou que ao mellor, unha persoa que axuda a tanta xente podía saber cal era a mensaxe que andaba a buscar.






Foi a xunto o médico, e este díxolle que el curaba a moitas persoas e que cría que coidar e axudar á xente era unha forma moi importante de fomentar a paz.






A pomba gustáronlle todas as contestacións, pero aínda non estaba segura de cal era a mensaxe que debía levar. Cando xa voltaba para a súa casa, pasou por diante do Colexio Ben Cho Shey, e pensou que ao mellor alí podíana axudar.






A pombiña, entrou na clase de 1º de Primaria e contoulles o que lle pasara. Como estes rapaces e rapazas eran tan listos dixéronlle: o cociñeiro, a dependenta, o viaxeiro, o carpinteiro, o camareiro e o médico tiñan razón, pero a verdadeira mensaxe é que cada un ten que poñer o seu granciño de area para vivir nun mundo repleto de PAZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario