martes, 2 de febrero de 2010

O entroido

Ante a proximidade destas datas no noso calendario escolar, en que andamos atarefados facendo os disfraces, cos mais maiores do colexio decidimos, este ano, facer unha pequena investigación sobre o Entroido de Verín, por estar declarado de interese turístico nacional.

Xa sabemos que o cigarrón é a figura máis caracteristica do Entroido de Verín. A careta é totalmente artesana, está composta por unha máscara tallada e pintada a man, sendo totalmente artesana, polo que o seu coste é moi elevado.


Na parte posterior irá colocada a "pelica", pel que colgará en forma de rabo que en moitos casos é sintetica.


O traxe está composto por unha camisa branca, grabata e unha chaquetilla corta da que colgan flecos dourados que irán atados con lazos de tres cores. Enriba da chaquetilla vai un pano enganchado ás charretas da chaquetilla.
Unha gran faixa vermella anudada na cintura axuda a suxeitar o pantalón, unha das partes máis laboriosas do traxe.
Enriba vai o cinto, do cal colgarán seis grandes chocas colocadas en orden de sons machos e femias.
Nas pernas levan medias blancas suxeitas con ligas e zapatos negros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario