As dúas fíxeronse tras ler uns contos.
A primeira poderíase chamar "Aprendendo os nomes dos insectos". Para realiza-la, limos entre todos o conto "A viaxe da bolboreta" de Kalandraka, e cada neno escolleo un dos insectos que aparecía no conto e dibuxouno. Aproveitando que na aula tamén temos un neno portugués decidimos aprender os nomes en castelán, galego e portugués. A actividade do mural xurdiu ao darnos conta que os nenos/as non sabían a maioría dos nomes dos insectos en galego.

A segunda "Os Sacapenas", foi realizada tras ler o conto "Sacapenas" tamén de Kalandraka. Despois de aprender o que son os sacapenas, a súa procedencia, como se orixinaron e para qué se usan, decidimos propor aos nenos/as dibuxar cada un o seu sacapenas e poñerlle un nome.
Moitas grazas pola súa achega e pola súa labor de fomento do gusto polos libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario