martes, 8 de junio de 2010

AS CICLOBIBLIOTECAS

HOXE DÍA 9 DE XUÑO CONTAMOS CON ANXO MOURE NUNHA SESIÓN DE CICLOBIBLIOTECA.

A Ciclobiblioteca é unha proposta de animación a lectura solidaria e medioambiental. Trátase dun proxecto nacido na Galiza a través dun ciclocarro construído en Dinamarca e ensamblado en Garabelos, ao que lle instalamos uns andeis construídos polo centro de discapacitados ASDEME de Chantada, cargados con libros doados por editoras como Kalandraka, OQO, asociacións como “Máis Libros”, que conta coa colaboración da Director Xeral de Cultura e que se instala en parques, prazas, praias, piscinas, espazos naturais para divulgar un compromiso coa natureza e a solidariedade a través de cesión gratuíta de libros, actividades musicais, de animación teatral, paseos lectores.

As ciclobibliotecas levan máis de 500 instalacións en parques e prazas da Galiza, O Bierzo e Portugal.

As ciclobibliotecas teñen un servizo de alugueiro para cesión a quen as solicite, cos fondos recadados fináncianse proxectos de dotación bibliográfica en América Latina, Asia e África, coa instalación de bicibibliotecas en Bolivia, Mulotecas na selva de Guatemala, Mini-bibliotecas en Perú, ...


No hay comentarios:

Publicar un comentario