jueves, 22 de abril de 2010

SEMANA DO LIBRO

Un libro encerra a música das verbas, as verbas de miles de cores, a cores da historia e da maxia, a maxia con millares de sabores.

No noso Centro estamos celebrando o longo de todala semana actos e actividades encamiñadas a fomentar o respecto e o gusto polos libros, e a descubrir un mar de soños que encerran nas súas liñas. Todolos días antes do recreo adicamos uns minutos a escoitar contos, adiviñas, poemas, ... nas tres linguas: galego, castelán e inglés, que preparan por ciclos.


O luns o alumnado de primeiro ciclo nos deleitou con dúas historias.



Os de primeiro co conto: "O gaiteiro e o ratiño"


Os de segundo de primaria co conto titulado "O capitán da bahía"


Os rapaces de terceiro propuxéronnos unhas adiviñas

O martes foron os de Cuarto de primaria os que nos leron: A ratiña presumida, de xeito dialogado. ¡ Que ben lles quedou!


O mércores, os alumnos de quinto contáronnos a historia da Cebra Camila



O xoves, os de sexto...


O venres tocoulle os de Educación Infantil contarnos poemas, unha escolma de ditos, e contos.


Ese día tivemos a entrega de libros (agasallo da A.N.P.A. do centro)


No hay comentarios:

Publicar un comentario