jueves, 22 de abril de 2010

MAIS ACTIVIDADES DA SEMANA DO LIBRO

Os pais e nais dos alumnos/as de Educación Infantil tamén queren aportar o seu gran de area despertando o gusto e disfrute cos libros e achéganse as aulas a contar o conto preferido de cada un deles.




O martes, a mamá de Xesús na aula de 4 anos nos contou: A araña máis intelixente. Estiveron moi interesados escoitando e vendo as ilustracións tan bonitas.







O martes tamén veu o papá de Estela a contar o conto: " Amigos ó rescate" a aula de 3 anos B. ¡Que bonito era!




Pero tamén ese día pasaron polas outras aulas outros papás:

Ana, a mamá de Lucía e Sergio pasou pola aula de 3 anos A e 3 anos B a contar o conto: A carrapuchiña vermella. Estiveron moi atentos .



Tamén se achegou a aula de 4 anos a contar o conto dos Tres porquiños.



Vivi, a mamá de Martín de 5 anos achegouse a todalas aulas a contar distintas historias e incluso nos trouxo un cd con música do conto.
O venres Mati, a mamá de Mauro de 4 anos achegouse de novo a todas as aulas de Infantil a contarnos contos e a entregarlle a cada neno/a un agasallo: un fermoso libro.



GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS O TEU CONTO FAVORITO E POR PARTICIPAR.

No hay comentarios:

Publicar un comentario