domingo, 31 de enero de 2010

POEMAS E REFLEXIÓNS SOBRE A PAZ

Poemas para a Paz:

O día da Paz, é un día especial,

onde todo o mundo gardando silencio está

solo durante uns segundos calarán,

para disfrutar deses momentos

sin guerra e con paz.

Loitando contra a guerra

lograremos a paz

loitando contra a guerra

en compañía todos estarán.

Como a guerra non me gusta

loitarei contra ela

eu e todolos nenos do mundo

para rematala como sexa.

O día da paz remata

e algo bo conseguimos,

para que ninguén pase fame no mundo

e podamos divertirnos.

( Uxía Calleja, 6º Primaria)

A PAZ

A paz é algo moi importante, non so para todos senón para un mesmo. Faite sentir mellor e máis feliz. Trata de acabar coas guerras, o racismo, a violencia de xénero, as inxustizas, … Non é so o Día da Paz cando hai que loitar por ela senon que é todolos días e intentar axudar aos demáis a conseguilo e axudarlle nos seus problemas.

( Manuel Ramos, 6º Primaria)

POEMA DE PAZ

A paz son granciños de area

que as veces leva o vento,

son fíos que forman unha tea

cargada de bos sentimentos.

A paz é un gran tesouro

que debemos coidar con esmero

debe estenderse polo mundo

ou ao menos iso espero.

Moitos pobos non viven en paz

aterrorizados pola guerra

de xentes capaces de matar

con corazón de pedra.

Amor, xustiza, liberdade

son os pilares da paz,

debemos exercela sempre

para en harmonía estar.

(Ana Fidalgo, 6º Primaria)

CONSEGUIMOS, PRACTICAMOS, NECESITAMOS...

Xa chegou a paz,

con amor e tenrura

xa chegou a paz

con amor e amistad

A solidariedade é especial

para querernos máis

e axudar aos demáis.

A violencia e o odio

non os podo tolerar,

así que intento escapar.

Conseguimos a paz,

con amor e tenrura

que sempre nos axudan.

Practivamos a non violencia

para ter unha boa convivencia

Necesitamos a felicidade

para divertirnos máis

e ter mellor capacidade

para a sociedade.

(Arantxa, 6º Primaria)

No hay comentarios:

Publicar un comentario