Hoxe, é un día moi especial e, toda a comunidade educativa do C.E.I.P. BEN CHO SHEY, quere alzar a voz, unindo as súas voces e pidir ¡PAZ!
Sabemos que hai xente que está moi triste e agobiada porque na súa familia existe violencia, porque no seu barrio hai pelexas, porque no seu país hai guerras.
Nos, os nenos e nenas deste cole do Pereiro de Aguiar nos preguntamos quenes inventaron as guerras. E os homes que as inventaron ou promoveron lles queremos manifestar a nosa repulsa e a nosa dor, porque as guerras só causan odio, división, bagoas, tristura e morte de moitas persoas e tamen de nenos e nenas coma nós.
Hoxe todos temos unha esperanza, una ilusión: queremos inventar a PAZ. Por iso todos xuntos unimos as nosas mans para formar a cadea da Paz e coas nosas mans unidas intentaremos frenar a guerra e a violencia que nos fan tanto mal e non nos deixan ser felices.
Frenaremos a guerra cando na nosa clase non existan pelexas nin insultemos aos compañeiros. Pararemos a violencia cando respetemos aos nosos profesores e profesoras. Construiremos a PAZ cando perdoemos de verdade aos que nos fan algún mal. Formaremos a cadea da PAZ cando sepamos sorrír aos nosos compañeiros e compañeiras, cando xoguemos todos xuntos no patio do cole, cando demos un bico a mamá, a papá, aos avós, cando sexamos amables cos nosos veciños, … cando nos esforcemos de verdade en que haxa Paz.
Dicimos ben alto:
¡ QUEREMOS UN MUNDO CHEO DE PAZ!
DECÁLOGO DA PAZ:
1.- Eres alguen importante e único. Quérete.
2.- Anima e valora aos teus amigos. Comprobarás que lles gusta.
3.- Descubre que ser todos distintos é moi bonito
4.- Da grazas e pide as cousas por favor. É moi doado.
5.- Aprende a escoitar, así comprenderás mellor aos que te rodean.
6- Fai os teus traballos o mellor que podas. O teu esforzo vale a pena
7.- Se cumpres coas túas tarefas e encargos, todo funcionará mellor
8.- Traballando cos outros en grupo, conseguirás máis ca ti só.
9.- Sentiraste feliz se compartes cos demáis.
10.- Se pos PAZ dentro de ti, o que te rodea terá PAZ.