domingo, 14 de marzo de 2010

LENDAS DE MEIGAS GALEGAS por Manuel Ramos Moure (6º Primaria)

Manuel de 6º deixounos unhas fermosas lendas.

DAMA DO SAR:

"A dama do Sar é unha serea, vive no Sar e posee un cabelo tan longo que sirve de dique ao río, de modo que ao peinala provócanse as famosas inundacións de Pontecesures e Padrón, anegando pradeiras da ribeira onde se xuntan Pontevedra e A Coruña.
habitualmente é boa e de bo humor aínda que é moi coqueta. É raro que a grandiosa Rosalia non fale dela que viviu tanto tempo cerca do habitat da Dama do Sar que hasta escribiu un libro precioso titulado "Nas orillas do Sar". É posible que a dama do Sar teña tantos anos como para vir na barca pétrea que transladou ao apóstol Santiago. O que está claro e que non quixo abandonar Galicia. A lenda di que ten tan bo oído que pode oír as badaladas da Catedral de Santiago."

VEDOIRA:
"É imposible saber a súa idade, xa que non é xove nin vella. Ten grácil o aspecto e atractivo. ten facultades adivinatorias. É sabia porque é estudiosa e reflexiva, sinala onde está o oculto e o descoñecido e ata pode dicir a forma, cor, tamaño e demáis cousas do invisible. O seu favor é moi beneficioso para quen quere encontrar algo.
Ve tanto que chega a saber se as ánimas dos falecidos aínda vagan no purgatorio ou se gozan no ceo, debido que moitos crentes recompansana con diñeiro por estas fazañas e hai quen di que é rica pero que ninguén herdará a súa fortuna debido a que non se lle coñecen e non fala deles. Creese na Vedoira porque nunca fallou."

DESPEDIDA:
As meigas son benévolas pero tamén as hai perversas ou polo menos os refráns así o dín e sen non mirai: "Habelas hainas, o caso é atopalas", ainda que tamén hai que recoñecelas.

Grazas Manuel por compartilas connosco.

DECÁLOGO DO GALEGO






DECÁLOGO DO GALEGO





* FALA GALEGO SEMPRE QUE POIDAS,



CON TODOS AQUELES QUE SABES QUE



TE ENTENDEN.



* RESPECTA AS OUTRAS LINGUAS E



PIDE RESPECTO PARA A TÚA.



* USA O GALEGO CON TODOS/AS, AÍNDA QUE



CHE RESPONDAN NOUTRO IDIOMA.



* AXUDA A FALAR BEN O GALEGO AOS



DEMAIS.



* COÑECE AS DIFERENZAS LOCAIS DA



LINGUA E RESPÉCTAAS.



* ANÍMATE A ESCRIBIR SEMPRE EN GALEGO.



* RECLAMA, AMABLEMENTE, O TEU



DEREITO A SER RESPOSTADO EN GALEGO



POLAS INSTITUCIÓNS.



* AÍNDA QUE A TÚA LINGUA DE USO COTIÁN



SEXA O CASTELÁN, INTERÉSATE POLO



GALEGO.



* NON TE AVERGOÑES DE FALAR GALEGO



EN CALQUER SITUACIÓN.