domingo, 27 de febrero de 2011

COMPADRES E COMADRES

Este ano pedimos a colaboración das familias para que de xeito voluntario elaboraran cos seus fillos/as un compadre ou comadre para expor na entrada do colexio e para que coñeceran unha das tradicións galegas.



O día de comadres (que se celebra o xoves de dúas semanas antes do Entroido), os nenos fan uns bonecos de papel que as nenas deben quitarlle e rompelos. O xoves seguinte é o día de compadres e agora son as nenas as que elaboran os bonecos e os rapaces os encargados de rompelos. O derradeiro boneco que queda sen destruir gardase para o vindeiro ano. É unha representación da loita de sexos.


A participación foi moi alta así como a calidade dos compadres e comadres. Deixovos unhas fotos e só me queda agradecervos a vosa colaboración unha vez máis.

jueves, 10 de febrero de 2011

RADIO BENCHO

ESTE ANO CREAMOS UNHA RADIO QUE ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE EMITE QUINCENALMENTE NO RECREO: DE 12:15 A 12:35 . É A NOSA RADIO E CHÁMASE RADIO BENCHO.
O PASADO MARTES, DÍA 8 DE XANEIRO EMITIMOS POR PRIMEIRA VEZ UN PROGRAMA DE RADIO QUE FOI PRESENTADO POR FERNANDO E RODRIGO DE 6º DE PRIMARIA.

Ola amigos, si, vos, os que estades no recreo xogando, charlando e paseando polo patio do colexio, e vos tamén profes, atendede, ésta é a vosa radio. Hoxe comenza radio BENCHO. É a primeira emisión dende o cole, pero pretendemos estar moitos días con vos contandovos cousas, pondovos a vosa música favorita, dedicándolles mensaxes aos vosos amigos e amigas e os vosos mestres. É a túa radio, é algo que nace hoxe pero que vos acompañará día tras día.

Sintoniza no recreo Radio Bencho, a túa radio.

A PRIMEIRA EMISIÓN CONTOU CON MÚSICA, UNHA ENTREVISTA AO DIRECTOR ( as preguntas foron elaboradas polo alumnado de 6º de Primaria), CHISTES, E UN CONCURSO PARA TENTAR ATOPAR A RESPOSTA A ADIVIÑA (no vindeiro programa coñecerase quen é o gañador do concurso e entregaraselle un agasallo).

A ADIVIÑA É:

“ ALTO PEPETE

REDONDO MULETE

QUE CHOVA, QUE NEVE

NUNCA SE DERRETE”

XA SABES A RESPOSTA?

E POR ÚLTIMO DENDE OS MICRÓFONOS DE RADIO BENCHO, FÍXOSE UN CHAMAMENTO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO COLEXIO PARA QUE FAGAN CHEGAR A DIRECCIÓN DE RADIO BENCHO DEDICATORIAS DE MÚSICA GALEGA, FRASES BONITAS, AGRADECEMENTOS, ... PARA OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS E TAMÉN PARA OS MESTRES DO COLEXIO.

XA VOS CONTAREI NOVAS DE RADIO BENCHO QUE VOLVE A EMITIR O VINDEIRO XOVES, DÍA 3 DE MARZO NO MESMO HORARIO.

lunes, 31 de enero de 2011

DÍA DA PAZ

O VENRES DÍA 28 CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR PAZ E DA NON VIOLENCIA CON ACTOS QUE CULMINARON SEMANAS DE TRABALLO INTENSO.
CONXUNTAMENTE ELABORAMOS UN MURAL CO ARCO DA VELLA QUE CUBRIMOS COAS MANS DE TODOLOS NENOS E NENAS DO COLEXIO DEPENDENDO DA COR ADXUDICADA A SÚA AULA. EMPREGAMOS XORNAIS VELLOS QUE COLOREAMOS E RECORTAMOS .
COAS NOSAS MANS XUNTAS DAS SETE CORES DO ARCO DA VELLA QUEREMOS SER TODOS AMIGOS.



1.- LEMOS O MANIFESTO POLA PAZ:

MANIFESTO POLA PAZ. 28 DE XANEIRO DO 2011

Hoxe, é un día moi especial e, toda a comunidade educativa do C.E.I.P. BEN CHO SHEY, quere alzar a voz, unindo as súas voces e pidir ¡PAZ!

Sabemos que hai xente que está moi triste e agobiada porque na súa familia existe violencia, porque no seu barrio hai pelexas, porque no seu país hai guerras.

Nos, os nenos e nenas deste cole do Pereiro de Aguiar nos preguntamos quenes inventaron as guerras. E os homes que as inventaron ou promoveron lles queremos manifestar a nosa repulsa e a nosa dor, porque as guerras só causan odio, división, bagoas, tristura e morte de moitas persoas e tamen de nenos e nenas coma nós.

Hoxe todos temos unha esperanza, una ilusión: queremos inventar a PAZ. Por iso todos xuntos unimos as nosas mans para formar a cadea da Paz e coas nosas mans unidas intentaremos frenar a guerra e a violencia que nos fan tanto mal e non nos deixan ser felices.

Frenaremos a guerra cando na nosa clase non existan pelexas nin insultemos aos compañeiros. Pararemos a violencia cando respetemos aos nosos profesores e profesoras. Construiremos a PAZ cando perdoemos de verdade aos que nos fan algún mal. Formaremos a cadea da PAZ cando sepamos sorrír aos nosos compañeiros e compañeiras, cando xoguemos todos xuntos no patio do cole, cando demos un bico a mamá, a papá, aos avós, cando sexamos amables cos nosos veciños, … cando nos esforcemos de verdade en que haxa Paz.

Dicimos ben alto:



¡ QUEREMOS UN MUNDO CHEO DE PAZ!



2.- EXPRESAMOS VERBALMENTE O QUE QUERÍAMOS SIMBOLIZAR COAS MANS DE CORES DE CADA UNHA DAS AULAS.

3.- LEMOS UN DECÁLOGO POLA PAZ:

DECÁLOGO DA PAZ:

1.- Eres alguen importante e único. Quérete.

2.- Anima e valora aos teus amigos. Comprobarás que lles gusta.

3.- Descubre que ser todos distintos é moi bonito

4.- Da grazas e pide as cousas por favor. É moi doado.

5.- Aprende a escoitar, así comprenderás mellor aos que te rodean.

6- Fai os teus traballos o mellor que podas. O teu esforzo vale a pena

7.- Se cumpres coas túas tarefas e encargos, todo funcionará mellor

8.- Traballando cos outros en grupo, conseguirás máis ca ti só.

9.- Sentiraste feliz se compartes cos demáis.

10.- Se pos PAZ dentro de ti, o que te rodea terá PAZ.



4.- FIXEMOS BAILES, CANTAMOS E TOCAMOS COA FLAUTA O HIMNO DA ALEGRÍA

5.- PROXECTAMOS UNHA PRESENTACIÓN EN POWER POINT E TODOS XUNTOS CANTAMOS A CANCIÓN DE PAZ DE JUANES COMO COLAFÓN FINAL.

DECÁLOGO DO GALEGO

DECÁLOGO DO GALEGO

* FALA GALEGO SEMPRE QUE POIDAS, CON TODOS AQUELES QUE SABES QUE TE ENTENDEN

* RESPECTA AS OUTRAS LINGUAS E PIDE RESPECTO PARA A TÚA

* USA O GALEGO, ANÍMATE A LER E ESCRIBIR EN GALEGO

* AXUDA A FALAR BEN O GALEGO AOS DEMAIS

* COÑECE AS DIFERENZAS LOCAIS DA LINGUA E RESPÉCTAAS

* AÍNDA QUE A TÚA LINGUA DE USO COTIÁN SEXA O CASTELÁN, INTERÉSATE POLO GALEGO

* NON TE AVERGOÑES DE FALAR GALEGO EN CALQUER SITUACIÓN E CIRCUNSTANCIA

CELEBRACIÓN DO NADAL NO C.EI.P. BEN-CHO-SHEY

O 22 de Decembro celebramos o festival de Nadal con obras de teatro, cantigas e panxoliñas.

Os nenos de 3 e 5 anos representaron a obra de teatro: " Os números van ao portal de Belén"
Os de 4 anos A e B cantaron a panxoliña: " Con un sombreiro de palla"
1º e 2º de Primaria cantaron a cantiga: " Cucú, tras tras"
3º de Primaria bailou e cantou: " Frai Felipe"
4º de Primaria representaron a obra: "Estamos en Belén" e cantaron " Viva la gente"
5º de Primaria: foron artistas de teatro coa obra: " De camiño a Belén" e tocaron a flauta: " Mercado Medieval"
e como non 6º de Primaria tamén nos agasallou coa súa interpretación: " A inmigración"

Non está rematada esta publicación e subirei o fin de semana as fotos dos nenos e nenas actuando para que os vexades.

PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS

Co gallo de favorecer o uso do galego nas mensaxes de felicitación de Nadal, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou no mes de Decembro un concurso de presentacións dixitais. O noso Centro participou, e a nosa presentación electrónica resultou elegida de entre 150 participantes para formar parte da galería da Secretaría Xeral.

Podedela ver no seguinte enlace.

http://www.xunta.es/linguagalega/concurso_de_nadal_2010

As imaxes son as postais gañadoras do concurso de postais de Nadal do Centro e as frases as elexidas consensuadamente en cada aula.

Parabéns para todos e todas.

lunes, 27 de diciembre de 2010

BO NADAL

OS NENOS E NENAS DO C.E.I.P BEN-CHO-SHEY COS SEUS TRABALLOS QUEREN ACHEGARNOS A UN BO NADAL E UN ANINOVO CHEO DE LEDICIA ONDE TODOS OS SOÑOS E ANCEIOS SE FAGAN REALIDADE COA MAXIA DA SÚA INOCENCIA.