martes, 7 de junio de 2011

PARTICIPAMOS NO PROXECTO DE VOZ NATURA

Por segundo ano o noso Centro participa no proxecto de Voz Natura e ainda que non acadamos ningún dos premios, sabemos que o noso traballo gustou moitísimo ao xurado e estamos satisfeitos das actividades realizadas que este curso centraronse fundamentalmente no traballo coa auga, cun proxecto moi denso sobre o Encoro de Cachamuiña, e no coidado do horto e do invernadoiro.
Fixemos murais, libros, teatro de títeres, presentacións en power point, ... co gallo de fomentar o consumo responsable e o coidado do medio ambiente, ademáis dunha fermosa maqueta a escala do encoro de Cachamuiña cunha carpa a nosa CARPA SERAFINA.

FOMOS DE EXCURSIÓN A MANZANEDA

O venres 27 de Maio todo o Colexio tivemos un día de convivencia e descubrimento no recinto de Manzaneda onde pasamos todo o día. Realizamos numerosas actividades como senderismo, casino, montar a cabalo e circuitos cos cars. Pasámolo en grande cos nosos compañeiros e profesores.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Durante a semana das letras Galegas tivemos diferentes actos co gallo de dar pulo a nosa lingua e ao autor Lois Pereiro, coñecemos a súa vida e obra, realizamos murais e lecturas colectivas por ciclos.











O día 20 celebramos o festival das Letras galegas co seguinte guión:
- Presentación e power point da vida e obras de Lois Pereiro

- Recitado de poemas polos nenos de 4 anos A






- Recitado da poesía: "Ondas do mar" a cargo de 4 anos B










- Obra de teatro representada polos nenos/as de 5 anos titulada "Pom, pom"









- Baile dos alumnos/as de 3º de Primaria: " O señor da serra"









- Rap dos alumnos de 2º de Primaria: " Me peta"








- Danza dos nenos/as de 5º de Primaria: " O lambonciño"









- Desfile de moda con deseños propios e autóctonos da terra a cargo de 6º de primaria









- Canción final de todo o colexio: " O peciño" e "a fala" do poema de Manuel María.

E como remate final tivemos un espectáculo especial con maxia, música e cancións. Pasámolo xenial e os nosos nenos/as fixerono xenial.